Procedementos Adxudicados definitivos |
---|
EXPTE 3/2015 OBRA DE REHABILITACIÓN DO CAMIÑO PÚBLICO DENDE A AC-423 ATA A FEIRA POS 3/2015 | |
Publicado en: | Outros o 00-00-0000 |
Importe: | Prezo de licitación:48292,58? |
Data de inicio: | |
Presentación:
NO REXISTRO XERAL DESTE CONCELLO DE PONTECESO, PREVIA INVITACIÓN A TRES EMPRESAS CONSIDERADAS POLO ÓRGANO DE CONTRATACIÓN SUFICIENTEMENTE CAPACITADAS |
|
Adxudicado:
O expediente de contratación foi aprobado por Resolución de alcaldía, previamente avocadas as competencias, o día 6 de marzo de 2015 co nº 82. Invitouse a tres empresas Ramón Vázquez: recibiu a invitación o día 10/3/2015. Presentou a documentación o día 17 de marzo de 2015 co nº 726 Construcciones Canarga S.L.: recibiu a invitación o día 11/3/2015. Presentou a documentación o día 19 de marzo de 2015 co nº 747 (sobres A, B e C) Construcciones López Cao S.L.: recibiu a invitación o día 10/3/2015. Presentou a documentación o día 17/3/2015 co nº 698 (sobres A, B e C) A documentación presentada por Ramón Vázquez é un fax de renuncia a participar na licitación por non dispor nestes momentos dos medios necesarios para a execución dos traballos previstos. A documentación do sobre A da empresa Canarga Construcciones S.L. considerouse completa en sesión celebrada o día 23 de marzo de 2015 por ter presentada a declaración prevista nos pregos conforme a Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización, que di que a documentación do sobre A á que se refire o artigo 146.1 do TRLCSP poderá ser sustituuido por unha declaración responsable do licitador indicando que cumpre as condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración. En todo caso, o licitador a cuxo favor recaiga a proposta de adxudicación deberá acreditar ante o órgano de contratación previamente á adxudicación do contrato a posesión e validez dos documentos esixidos. A documentación do sobre A da empresa Construcciones López Cao S.L. considerouse en sesión celebrada o día 23 de marzo de 2015 completa (considérase en vigor a declaración de non estar incurso en causa de prohibición para contratar ata 6 meses despois da súa expedición, que é de novembro 2014, por acordo da Mesa de contratación. Consideración xa tida en conta en todos os procesos de contratación) Por acordo dos membros da Mesa de Contratación, entregáronse os sobres B ao Técnico municipal para a súa valoración. Así, o día 27 de marzo de 2015 os membros da Mesa de contratación tomaron coñecemento dos informes emitidos polo Técnico municipal o día 25 de marzo de 2015 coas seguintes valoracións: Construcciones López Cao: Programa de traballo: 2 puntos Actuación ambiental: 8 puntos Plan de control de calidade: 2.34 puntos Esquema de Seguridad e Salud: 3 puntos Total: 15.34 puntos Canarga: Programa de traballo: 1 punto Actuación ambiental: 5 puntos Plan de control de calidade: 1 punto Esquema de Seguridad e Salud: 2 puntos Total: 9 puntos Os membros da Mesa de contratación acordaron nesa sesión poñer en coñecemento do órgano de contratación estas valoracións, a efectos da súa negociación. Remitida esta información a efectos da súa negociación ás empresas licitadoras, según consta en informe de rexistro, non se presentou no prazo de tres días naturais ningunha documentación por parte delas para poder negociar, entendendo polo tanto que aceptaban a puntuación obtida. Construcciones López Cao recibiu a notificación o día 31 de marzo de 2015 e Construcciones Canarga recibiu a notificació o día 1 de abril de 2015. Procédeuse en sesión de 8 de abril de 2015 a apertura dos sobres C da Oferta económica Prezo de licitación:48292,58? Construcciones López Cao: 47795?, baixa de 497,58?, o que supón un 1.03% de baixa, obtendo segundo a fórmula contemplada nos pregos de contratación 2.45 puntos Construcciones canarga S.L.: 48292,58?. Non fai baixa. Obtendo segundo a fórmula contemplada nos pregos 0 puntos Total puntuación: Construcciones López Cao S.L.: 17.79 PUNTOS Total puntuación Construcciones Canarga S.L. : 9 PUNTOS Os membros da Mesa de contratación acordaron nesa sesión poñer en coñecemento do órgano de contratación esta circunstancia, a efectos dunha posible negociación. Transcorrido o prazo de 3 días naturais para negociar, non consta a presentación de ningunha documentación por parte das empresas contratistas. Con base no anterior, e por razón de axilidade o día 20 de abril de 2015 resolvín, avocadas as competencias, comunicarlle á empresa Construcciones López Cao S.L. que a súa oferta era considerada polo órgano de contratación a oferta económicamente mais ventaxosa, polo que deberá presentar ante esta Administración a documentación relativa á garantía definitiva (1975? )e a que acredite que se atopa ó corrente nas súas obrigas coa Facenda Pública e a Seguridade Social. O día 28 de abril de 2015 co nº 1050 de rexistro de entrada a empresa Construcciones López Cao S.L. presentou a documentación requerida O día 29 de abril de 2015, avocadas as competencias, alcaldía resolveu adxudicar o contrato da obra de Rehabilitación do camino público dende a AC-423 ata A Feira expte POS 3/2015, á empresa Construcciones López Cao S.L., con domicilio social en Avda. Finisterre 267 A Coruña, conforme a seguinte oferta presentada: O programa de traballo con 2 puntos, a actuación ambiental con 8 puntos, o plan de control de calidade con 2.34 puntos, o esquema do plan de seguridade e saúde con 3 puntos: total 15.34 puntos Duración da obra: 1 mes O contrato foi asinado o día 5 de maio de 2015 Oferta económica: 47795?, baixa de 497,58?, o que supón un 1.03% de baixa, obtendo segundo a fórmula contemplada nos pregos de contratación 2.45 puntos Total: 17.79 PUNTOS |