Procedementos Adxudicados definitivos |
---|
EXPTE 2/2015 OBRA DE REHABILITACIÓN DO CAMIÑO PÚBLICO EN OS CUÑARROS POS 2/2015 | |
Publicado en: | Outros o 00-00-0000 |
Importe: | Prezo de licitación: 47233,35? |
Data de inicio: | |
Presentación:
NO REXISTRO XERAL DO CONCELLO DE PONTECESO,PREVIA INVITACIÓN A TRES EMPRESAS CONSIDERADAS POLO ÓRGANO DE CONTRATACIÓN SUFICIENTEMENTE CAPACITADAS |
|
Adxudicado:
O expediente de contratación foi aprobado por Resolución de alcaldía, previamente avocadas as competencias, o día 5 de marzo de 2015 co nº 79. Invitouse a tres empresas Ramón Vázquez: recibiu a invitación o día 9/3/2015. Presentou a documentación o día 17 de marzo de 2015 co nº 721 Construcciones Canarga S.L.: recibiu a invitación o día 10/3/2015. Presentou a documentación o día 19 de marzo de 2015 co nº 746 (sobres A, B e C) Construcciones López Cao S.L.: recibiu a invitación o día 9/3/2015. Presentou a documentación o día 10/3/2015 co nº 642 (sobres A, B e C) A documentación presentada por Ramón Vázquez é un fax de renuncia a participar na licitación por non dispor nestes momentos dos medios necesarios para a execución dos traballos previstos. A documentación do sobre A da empresa Canarga Construcciones S.L. considerouse completa na sesión de 23 de marzo de 2015 por ter presentada a declaración prevista nos pregos conforme a Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización, que di que a documentación do sobre A á que se refire o artigo 146.1 do TRLCSP poderá ser sustituuido por unha declaración responsable do licitador indicando que cumpre as condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración. En todo caso, o licitador a cuxo favor recaiga a proposta de adxudicación deberá acreditar ante o órgano de contratación previamente á adxudicación do contrato a posesión e validez dos documentos esixidos. A documentación do sobre A da empresa Construcciones López Cao S.L. considerouse completa na sesión de 23 de marzo de 2015 (considérase en vigor a declaración de non estar incurso en causa de prohibición para contratar ata 6 meses despois da súa expedición, que é de novembro 2014, por acordo da Mesa de contratación. Consideración xa tida en conta en todos os procesos de contratación) Por acordo dos membros da Mesa de Contratación, entrégaronse os sobres B ao Técnico municipal para a súa valoración. Valoración efectuada nos informes do Técnico de data 25 de marzo de 2015 Construcciones López Cao: Programa de traballo: 2 puntos Actuación ambiental: 8 puntos Plan de control de calidade: 2.34 puntos Esquema de Seguridad e Salud: 3 puntos Total: 15.34 puntos Canarga: Programa de traballo: 1 punto Actuación ambiental: 5 puntos Plan de control de calidade: 1 punto Esquema de Seguridad e Salud: 2 puntos Total: 9 puntos Os membros da Mesa de contratación acordaron nesa sesión poñer en coñecemento do órgano de contratación estas valoracións, a efectos da súa negociación. Remitida esta información a efectos da súa negociación ás empresas licitadoras, según consta en informe de rexistro, non se presentou no prazo de tres días naturais ningunha documentación por parte delas para poder negociar, entendendo polo tanto que aceptaron a puntuación obtida. Construcciones López Cao recibiu a notificación o día 31 de marzo de 2015 e Construcciones Canarga recibiu a notificació o día 1 de abril de 2015. Procédeuse en sesión de 8 de abril de 2015 a apertura dos sobres C da Oferta económica Prezo de licitación: 47233,35? Construcciones López Cao: 46343?, baixa de 890,35?, o que supón un 1.89% de baixa, obtendo segundo a fórmula contemplada nos pregos de contratación 4.45 puntos Construcciones Canarga S.L.: 47233,35?. Non fai baixa. Obtendo segundo a fórmula contemplada nos pregos 0 puntos Total puntuación: Construcciones López Cao S.L.: 19.79 PUNTOS Total puntuación Construcciones Canarga S.L.: 9 PUNTOS Os membros da Mesa de contratación acordaron nesa sesión poñer en coñecemento do órgano de contratación esta circunstancia, a efectos dunha posible negociación, advertindo que de non presentarse polas empresas algunha documentación que supoña unha nova valoración, determinarase automáticamente que a oferta presentada por Construcciones López Cao é a mais ventaxosa. Transcorrido o prazo de 3 días naturais para a negociación da oferta económica, non consta presentada ningunha documentación por parte das empresas licitadoras para negociar. Con base no anterior, e por razón de axilidade alcaldía resolveu o día 20 de abril, avocadas as competencias, comunicarlle á empresa Construcciones López Cao S.L. que a súa oferta é considerada polo órgano de contratación a oferta económicamente mais ventaxosa, polo que deberá presentar ante esta Administración a documentación relativa á garantía definitiva (1915? )e a que acredite que se atopa ó corrente nas súas obrigas coa Facenda Pública e a Seguridade Social. O día 28 de abril de 2015 a empresa Construcciones López cao presentou toda a documentación esixida. O día 29 de abril de 2015, avocadas as competencias, alcaldía resolveu adxudicar o contrato da obra de Rehabilitación superficial de camino público EN Os Cuñarros, expte POS 2/2015 , á empresa Construcciones López Cao S.L., con domicilio social en Avda. Finisterre 267 A Coruña, conforme a seguinte oferta presentada: Programa de traballo: 2 puntos ( duración dos traballos 1 mes) Actuación ambiental: 8 puntos Plan de control de calidade: 2.34 puntos Esquema de Seguridad e Salud: 3 puntos Total: 15.34 puntos Construcciones López Cao: 46343?, baixa de 890,35?, o que supón un 1.89% de baixa, obtendo segundo a fórmula contemplada nos pregos de contratación 4.45 puntos Total puntuación: Construcciones López Cao S.L.: 19.79 PUNTOS O contrato foi asinado o día 5 de maio de 2015 |