Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Perfil do contratante


Estado dos procedementos:
Texto:


Procedementos Adxudicados definitivos

Data publicación web:  11-05-2015

Expte 1A/2015 OBRA DE REHABILITACIÓN SUPERFICIAL DE CAMIÑO PÚBLICO A GRAÑA-ATA BRANTUAS DE ABAIXO. POS 1A/2015
Publicado en: Outros o 00-00-0000
Importe: Prezo de licitación: 44761.87?
Data de inicio:
Presentación:
Nas oficinas xerais deste concello de Ponteceso, previa invitación a tres empresas consideradas polo órgano de contratación suficientemente capacitadas
Adxudicado:
O expediente de contratación foi aprobado por Resolución de alcaldía, previamente avocadas as competencias, o día 5 de marzo de 2015 co nº 74.
Invitouse a tres empresas
Ramón Vázquez: recibiu a invitación o día 9/3/2015. Presentou a documentación o día 17 de marzo de 2015 co nº 723
Construcciones Canarga S.L.: recibiu a invitación o día 10/3/2015. Presentou a documentación o día 19 de marzo de 2015 co nº 745 (sobres A, B e C)
Construcciones López Cao S.L.: recibiu a invitación o día 9/3/2015. Presentou a documentación o día 10/3/2015 co nº 641 (sobres A, B e C)
A documentación presentada por Ramón Vázquez é un fax de renuncia a participar na licitación por non dispor nestes momentos dos medios necesarios para a execución dos traballos previstos.
A documentación do sobre A da empresa Canarga Construcciones S.L. considerouse completa en sesión de 23 de marzo de 2015 por ter presentada a declaración prevista nos pregos conforme a Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización, que di que a documentación do sobre A á que se refire o artigo 146.1 do TRLCSP poderá ser sustituuido por unha declaración responsable do licitador indicando que cumpre as condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración. En todo caso, o licitador a cuxo favor recaiga a proposta de adxudicación deberá acreditar ante o órgano de contratación previamente á adxudicación do contrato a posesión e validez dos documentos esixidos.
A documentación do sobre A da empresa Construcciones López Cao S.L. considerouse completa en sesión de 23 de marzo de 2015 (considérase en vigor a declaración de non estar incurso en causa de prohibición para contratar ata 6 meses despois da súa expedición, que é de novembro 2014, por acordo da Mesa de contratación. Consideración xa tida en conta en todos os procesos de contratación)
Por acordo dos membros da Mesa de Contratación, entregouse nesa sesión os sobres B ao Técnico municipal para a súa valoración
Así, no día de 27/3/2015 a mesa tivo coñecemento dos informes emitidos polo Técnico municipal o 25 de marzo de 2015
Construcciones López Cao:
Programa de traballo: 2 puntos
Actuación ambiental: 8 puntos
Plan de control de calidade: 2.34 puntos
Esquema de Seguridad e Salud: 3 puntos
Total: 15.34 puntos
Canarga:
Programa de traballo: 1 punto
Actuación ambiental: 5 puntos
Plan de control de calidade: 1 punto
Esquema de Seguridad e Salud: 2 puntos
Total: 9 puntos
Os membros da Mesa de contratación nesa sesión acordaron poñer en coñecemento do órgano de contratación estas valoracións, a efectos da súa negociación.
Remitida esta información a efectos da súa negociación ás empresas licitadoras, según consta en informe de rexistro, non se presentou no prazo de tres días naturais ningunha documentación por parte delas para poder negociar, entendendo polo tanto que aceptaban a puntuación obtida.
Construcciones López Cao recibiu a notificación o día 31 de marzo de 2015 e Construcciones Canarga recibiu a notificació o día 1 de abril de 2015.
Procédeuse polo tanto a apertura dos sobres C da Oferta económica en sesión celebrada o día 8 de abril de 2015, pola Mesa de Contratación.
Prezo de licitación: 44761.87?
Construcciones López Cao: 43923?, baixa de 838,87?, o que supón un 1.87% de baixa, obtendo segundo a fórmula contemplada nos pregos de contratación 4.43 puntos
Construcciones canarga S.L.: 44761.87?. Non fai baixa. Obtendo segundo a fórmula contemplada nos pregos 0 puntos
Total puntuación: Construcciones López Cao S.L.: 19.77 PUNTOS
Total puntuación Construcciones Canarga S.L. : 9 PUNTOS
Os membros da Mesa de contratación acordaron nesa sesión de 8 de abril de 2015 poner en coñecemento do órgano de contratación esta circunstancia, a efectos dunha posible negociación, advertindo que de non presentarse polas empresas algunha documentación que supoña unha nova valoración, determinarase automáticamente que a oferta presentada por Construcciones López Cao é a mais ventaxosa.
Transcorrido o prazo de tres días naturais para negociar a oferta económica, non se presentou por parte dos licitadores ningunha documentación.
Con base no anterior, e por razón de axilidade resolvín o día 20 de abril de 2015, avocadas as competencias, comunicarlle á empresa Construcciones López Cao S.L. que a súa oferta foi considerada polo órgano de contratación a oferta económicamente mais ventaxosa, polo que debería presentar ante esta Administración a documentación relativa á garantía definitiva (1815? )e a que acredite que se atopa ó corrente nas súas obrigas coa Facenda Pública e a Seguridade Social.
O día 28 de abril de 2015 co nº 1046 a empresa Construcciones López Cao S.L. presentou a documentación esixida.
O día 29 de abril de 2015 o alcalde, avocadas as competencias, resolveu adxudicar o contrato da obra de Rehabilitación superficial de camino público A Graña ata Brantuas de Abaixo, expte POS 1A/2015 , á empresa Construcciones López Cao S.L., con domicilio social en Avda. Finisterre 267 A Coruña, conforme a seguinte oferta presentada:
Programa de traballo: 2 puntos ( duración dos traballos 1 mes)
Actuación ambiental: 8 puntos
Plan de control de calidade: 2.34 puntos
Esquema de Seguridad e Salud: 3 puntos
Total: 15.34 puntos
Construcciones López Cao: 43923?, baixa de 838,87?, o que supón un 1.87% de baixa, obtendo segundo a fórmula contemplada nos pregos de contratación 4.43 puntos
Total puntuación: Construcciones López Cao S.L.: 19.77 PUNTOS

O contrato asinouse o día 5 de maio de 2015
Concello de Ponteceso