Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Perfil do contratante


Estado dos procedementos:
Texto:


Procedementos Adxudicados definitivos

Data publicación web:  17-04-2015

Expte 1/2015. Obra de rehabilitación superficial do camiño público dende a AC-424 ta Viladesuso Obra financiada co FEADER
Publicado en: Outros o 00-00-0000
Importe: 76785?+IVE: 92909.85
Data de inicio:
Presentación:
No rexistro xeral do Concello de Ponteceso
Adxudicado:
O día 20 de novembro de 2014 resolveuse pola Consellería de Medio Rural e do Mar a aprobación do Plan Marco: Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015 financiado co Fondo Europeo Afgrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco de PDR de Galicia 2007-2013
Considerando que a mellora dos camiños de titularidade municipal é un deber inexcusable de todas as administracións que teñen a obriga de manter en bo estado todos os seus bens, e con base nesta idea, solicitouse a subvención para a obra de rehabilitación superficial do camino público dende a AC-422 ata Viladesuso
O día 15 de xaneiro de 2015 co nº 100 de rexistro de entrada notificouse a este Concello de Ponteceso ó ser beneficiarios da subvención dentro do Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015
Con base nesta resolución, aprobouse o proxecto da obra ?Rehabilitación superficial do camino público dede a AC-422 ata Viladesuso? porque na actualidade esa estrada municipal de 1751,43m de lonxitude e 4 metros de anchura soporta unha alta tasa de tráfico de vehículos tanto convencionais coma pesados motivo polo cal xunto as adversas condicións metereolóxicas acaecidas no inverno pasado, presenta un estado de conservación moi deteriorado reducíndose de xeito notorio a súa seguridade vial e a normal circulación dos vehículos que transitan por estas
Igualmente aprobouse o expediente de licitación da obra ?Rehabilitación superficial do camino público dende a AC-422 ata Viladesuso? cun importe de 76785,00? + 21% de IVE: total de 92909,85? por procedemento negociado sen publicidade por ser o procedemento mais áxil para contratar. A adxudicación realizouse previa consulta, polo menos, a tres empresas capacitadas para a realización do obxecto de contrato.
Por este motivo remitiuse invitación a Construcciones López Cao, S.L. (núm. de rexistro de saída 306, do 10.02.2015), quen recibiu a invitación o día 12.02.2015. Remitiuse invitación a Ramón Vázquez y Reino Construcciones, S.L. (núm. de rexistro de saída 307, do 10.02.2015) que recibiu a invitación o día 12.02.2015. E remitiuse invitación a Construcciones Canarga, S.L. (núm. de rexistro de saída 308, do 10.02.2015) quen recibiu a invitación o 13.02.2015.
Constan no expediente de contratación os sobres A, B e C da empresa Construcciones López Cao, S.L. (núm. de rexistro de entrada 480, do 20.02.2015)
Constan no expediente de contratación os sobres A, B e C da empresa Construcciones Canarga, S.L. (núm. de rexistro de entrada 492, do 23.02.2015. Anuncio do envío da documentación o día 20.02.2015 (núm. de rexistro de entrada 481, do 20.02.2015))
Consta no expediente a renuncia a participar na contratación da empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino, S.L. (núm. de rexistro de entrada 475, do 20.02.2015)
A Mesa de contratación do 25.02.2015, considerou completa a documentación dos sobres A das empresas Construcciones López Cao, S.L. e Construcciones Canarga, S.L.. e acordou nesa sesión facerlle entrega dos sobres B ao técnico municipal para que informase de conformidade co prego que rexe para contratar a obra.
AMesa de contratación o 26.02.2015 tivo coñecemento das puntuacións obtidas polas empresas respecto das referencias técnicas (sobre B), de conformidade co informe que o técnico municipal redactou para o efecto:
- Puntuación que obtivo a empresa Construcciones Canarga, S.L.:
- Programa de traballo: 1,00 punto (prazo de execución de 6 meses)
- Programa de actuación ambiental: 5,00 puntos
- Plan de control de calidade: 1.,0 punto
- Esquema do plan de seguridade e saúde: 2,00 puntos
- Puntuación total: 9,00 puntos, debidamente motivados
- Puntuación que obtivo a empresa Construcciones López Cao, S.L.:
- Programa de traballo: 2,00 puntos (prazo de execución de 2 meses)
- Programa de actuación ambiental: 8,00 puntos
- Plan de control de calidade: 2,34 puntos
- Esquema do plan de seguridade e saúde: 3,00 puntos
- Puntuación total: 15,34 puntos, debidamente motivados
Esta información foi remitida ao órgano de contratación para os efectos dunha posible negociación.
Consta resolución núm. 65/2015, do 26 de febreiro, na que o alcalde, avocadas as competencias, negocia as condicións dos Sobre B coas empresas licitadoras.
Non consta no orazo outorgado para a negociación, que ningunha das empresas presentase documentación ao respecto
Consta acta da Mesa de contratación do 10.03.2015, que di:
?Logo de examinar o expediente, os membros da mesa abren na sesión de hoxe a oferta económica, co seguinte resultado:
- Construcciones López Cao, S.L.: 75200 + 15792,00 = 90992,00 ?, polo que ofrece unha baixa de 1917,85 ? (2,06%
- Construcciones Canarga, S.L.: 76785,00 + 16124,85 = 92909,85 ?, polo que non ofrece baixa.
De conformidade coa documentación que consta no expediente, a puntuación total de empresa Construcciones López Cao, S.L. é a seguinte:
- Programa de traballo: 2,00 puntos (prazo de execución de 2 meses)
- Programa de actuación ambiental: 8,00 puntos
- Plan de control de calidade: 2,34 puntos
- Esquema do plan de seguridade e saúde: 3,00 puntos
- Oferta económica: 4,87 puntos
- Puntuación total: 20,21 puntos, debidamente motivados
De conformidade coa documentación que consta no expediente, a puntuación total de empresa Construcciones Canarga, S.L. é a seguinte:
- Programa de traballo: 1,00 punto (prazo de execución de 6 meses)
- Programa de actuación ambiental: 5,00 puntos
- Plan de control de calidade: 1.,0 punto
- Esquema do plan de seguridade e saúde: 2,00 puntos
- Oferta económica: 0,00 puntos
- Puntuación total: 9,00 puntos, debidamente motivados
Os membros da mesa que estiveron presentes coñeceron que a empresa Construcciones Canarga, S.L. obtivo unha puntuación de 1,00 punto polo programa de traballo porque presentou un prazo de execución de 6 meses, derivado dun erro no cadro de características do contrato. Sen embargo, no expediente de contratación consta que o concello puxo ao dispor desa empresa o proxecto da obra, no que consta como tempo estimado para executar as obras o pazo de dous meses (núm. de rexistro de saída 346, do 12.02.2015).
Remitiuse esta información ao órgano de contratación para os efectos dunha posible negociación económica e para os efectos de que a empresa Construcciones Canarga, S.L. correxise, se o desexaba, o programa de traballo que presentou, que non poderá exceder de dous meses.
Consta a Resolución 90/2015 de 13 de marzo na que avocadas as competencias, negociouse a oferta económica
Non consta que ningunha das empresas licitadoras presentase documentación algunha a Por Resolución de alcaldía nº 97/2015 de 23.03 o alcalde resolveu, avocadas as competencias, deterrminar que a oferta presentada pola empresa Construcciones López Cao S.L. é a mais ventaxosa económicamente, coas seguintes características:
- Programa de traballo: 2,00 puntos (prazo de execución de 2 meses)
- Programa de actuación ambiental: 8,00 puntos
- Plan de control de calidade: 2,34 puntos
- Esquema do plan de seguridade e saúde: 3,00 puntos
- Oferta económica: 4,87 puntos
- Puntuación total: 20,21 puntos, debidamente motivados
Comunicada esta resolución á empresa Construcciones López Cao, o día 31.03.2015 co nº 828 de rexistro de entrada presentaron o aval ( garantía definitiva) o que conlevou que o día 6 de abril de 205 co nº 113, o alcalde resolverá, avocadas as competencias, adxudicar a contratación da obra Rehabilitación superficial do camino público dende a AC-424 ata Viladesuso, expte 1/2015: coas seguintes características: Axustarase íntegramente ao disposto no sobre B ? referencias técnicas- e no prego de prescripcións técnicas,
- Programa de traballo: 2,00 puntos (prazo de execución de 2 meses)
- Programa de actuación ambiental: 8,00 puntos
- Plan de control de calidade: 2,34 puntos
- Esquema do plan de seguridade e saúde: 3,00 puntos
- Oferta económica: 4,87 puntos
- Puntuación total: 20,21 puntos, debidamente motivados
O prezo de adxudicación ascende a 75200 + 15792 de IVE : 90992? o que supón unha baixa de 1917,85?.


O contrato asinarase o día 17 de abril de 2015
Concello de Ponteceso