Procedementos Adxudicados definitivos |
---|
Expt 14/2014. Contrato de servizos para o servizo de asistencia xurídica ao Concello de Ponteceso | |
Publicado en: | Outros o 00-00-0000 |
Importe: | 57696,96? +21% de IVE: 69813,32? |
Data de inicio: | |
Presentación:
A Xunta de Goberno Local aprobou o día 22 de outubro de 2014 o expediente de contrato do servizo de asistencia xurídica do Concello de Ponteceso e acordou invitar a tres empresas por consieralas o órgano de contratación suficientemente capacitadas, que son: Losa Abogados SC., Juan Raposo Arceo e BER&MOR S.L. |
|
Data de apertura de plicas: | 18 de novembro de 2014 |
Adxudicado:
Mediante acordo da Xunta de Goberno Local celebrada o día 22 de outubro de 2014 aprobouse o expediente e os pregos de cláusulas administrativas para a adxudicación do contrato de servizo de asistencia xurídica ao Concello de Ponteceso, mediante procedemento negociado sen publicidade por importe total de 57696,96? + IVE: 69813.32? por un período de 4 anos Remitiuse, tal e como consta acreditao no expediente, invitación a tres empresas ou persoas que se estimou con capacidade suficiente para realizar o obxecto do contrato (1.-Losa Abogados S.C. 2- Juan Raposo Arceo e 3.- BER&MOR S.L, despacho de avogados). Con data de 18 de decembro de 2014, procedeuse á apertura aos sobres A, ?documentación administrativa? e sobre B ?oferta económica e documentación técnica? das ofertas presentadas. BER&MOR recibiu a invitación o día 11 de novembro de 2014 e LOSA abogados recibiu a invitación 10.11.2014 Juan Raposo Arceo, a quen debido a un erro na dirección, non lle foi notificada a invitación ata o 20.11.2014 (corrección que consta en acta de seión de XL de 17.11.2014) , recibiu ésta o día 5 de decembro de 2014. Segundo constaba nas invitacións, outorgábaselles un prazo de 8 días naturais para presentar as ofertas. BER&MOR presentou a documentación o día 18 de novembro de 2014 co nº 3323 de rexistro de entrada. LOSA abogados remitiu a documentación por Correo e consta entrada neste organismo o día 18 de novembro de 2014 co nº 3316 de rexistro de entrada Juan Raposo Arceo presentou a documentación o día 17 de decembro de 2014 co nº 3638 de rexistro de entrada, fora de prazo Por este motivo acordouse o 18 de decembro de 2014 a non apertura dos sobres de Juan Raposo Arceo. Abriuse a documentación presentada no sobre A por DELFA LOSA ABOGADOS S.L.P. e considerouse completa. Presenta o interesado a declaración responsable prevista na Lei 14/2013 de 27 de setembro Aberta a documentación presentada no sobre A por BER&MOR considerouse completa. Aberto o sobre B LOSA ABOGADOS S.L.P: oferta 57696,96? + IVE: 69813,32 non hai baixa BER&MOR: oferta de 56640? + IVE: 68534,40?, baixa de 1278,92? Acompañan a oferta económica cunha memoria da mellor prestación dos servizos para fixar éste. Así destacar que a prestación do servizo será en local habilitado polo Concello para tal fin con teléfono, mobiliario de oficina e ordenador. Propoñen unha orientación xurídica aos particulares, mais alá dunha mera información burocrática, en todo o relativo a cuestión derivadas de pleitos xurisdiccionais, ou de cumprimento de solicitudes, reparación de documentos respecto á emisión de informes a petición do Concello, establecen un prazo de 5 días para a súa emisón, salvo no caso de urxencia, que neste caso sería en dous días. Elaboraranse por escrito, salvo indicación expresa da forma verbal, e dataranse e asinaranse debidamente. Acudirase os venres á Casa do Concello en horario de mañá. A hora fixada para atención ó público será os venres de 12:30 a 13:30h Descríbese na memoria os medios humáns e materiais da empresa licitadora Examinadas íntegramente as plicas presentadas polos despachos LOSA ABOGADOS S.L.P e BERMOR ABOGADOS tanto no relativo a oferta económica como no relativo ós outros aspectos de negociación como son a calidade, o prazo de emisión de informes, o número de horas presenciais no concello así como outras melloras, considerouse pola alcaldía a oferta de BER&MOR como a económicamente mais ventaxosa Polo anterior, efectuouse a negociación do termos da oferta coas empresas licitadoras, (resolución nº 418/2014 avocadas) Dada conta desta resolución aos interesados, no prazo outorgado de tres días naturais, ningunha das empresas /empresarios interesados presentou ningunha documentación. Polo anterior resolveuse, avocadas as competencias, o 7 de xaneiro de 2015 declarar como a proposición económicamente mais ventaxosa a presentada por BERMOR ABOGADOS cos datos arriba referidos no antecorpo desta resolución e requerirlle para presente os certificados de atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. O día 16 de xaneiro de 2015 a empresa interesada presentou toda a documentación Consta no expediente resolución de 19 de xaneiro de 2015 co nº 21 de adxudicación do o contrato de asistencia xurídica ao Concello de Ponteceso á empresa BER&MOR abogados S.L o contrato asinouse o dóa 23 de xaneiro de 2015 |