Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Perfil do contratante


Estado dos procedementos:
Texto:


Procedementos Adxudicados definitivos

Data publicación web:  30-01-2015

Expte 10/2014. subvención nominativa outorgada pola Excma. Deputación provincial de A Coruña. Obra de mantenemento de vías públicas no termo municipal de Ponteceso
Publicado en: Outros o 00-00-0000
Importe: 28637,97? + 21% de IVE: 34651,94?
Data de inicio:
Presentación:
O 25 de setembro de 2014 a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación da obra \"Mantenemento de vías públicas no termo municipal de Ponteceso\" e invitouse a participar nel a tres empresas por consideralas o órgano de contratación suficientemente capacitadas, que son:
Construcciones López Cao S.L., Ramón Vázquez y Reino Construcciones e Construcciones Canarga S.L.
Data de apertura de plicas:27/10/2014
Adxudicado:
O alcalde deste concello en reunión co Presidente da Deputación de 22 de setembro de 2014 asinou o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de A Coruña e o concello de Ponteceso para o financiamento das obras ?Mantenemento de vías públicas pavimentadas no termo municipal de Ponteceso , expte 10/2014?
2 A Xunta de Goberno Local aprobou en sesión celebrada o día 7 de abril de 2014 o proxecto da obra ?Mantenemento de vías públicas pavimentadas no termo municipal de Ponteceso , expte 10/2014
A obra de ?Mantenemento de vías públicas pavimentadas no termo municipal de Ponteceso , expte 10/2014 é necesaria polo seguinte:
As obras obxecto do presente proxecto son actuacións necesarias, periódicas e inherentes o propio mantenemento da rede viaria de titularidade municipal, e sempre comprendidas dentro do termo municipal de Ponteceso(?)
Están encamiñadas a manter en perfecto estado técnico e de servizo os actuáis pavementos que posúan as vías concorrentes, de forma que non supoñan ningún tipo de perigo para o tráfico, tanto de vehículos como de persoas, e reúnan as debidas condicións de calidade requeridas para este tipo de infraestructuras
En base ao anterior dispuxo o alcalde o 23.09.2014 que se levase a cabo inicio da contratación da obra ?Mantenemento de vías públicas pavimentadas no termo municipal de Ponteceso , expte 10/2014? cun orzamento de 28637,97? + 21% de IVE: 34651,94? por procedemento negociado sen publicidade por razón da cuantía,
En sesión de Xunta de Goberno Local celebrada o dia 25 de setembro de 2014 aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra de ?Mantenemento de vías públicas pavimentadas no termo municipal de Ponteceso , expte 10/2014? cun orzamento de 28637,97? + 21% de IVE: 34651,94? , expte 10/2014?, e acordouse aprobar os pregos de cláusulas administrativas particulares e o cadro de características que rexería a presente contratación mediante procedemento negociado sen publicidade e dispoñer a apertura do procedemento negociado sen publicidade remitindo ofertas a Construcciones López Cao S.L., Ramón Vázquez y Reino Construcciones S.L. e Construcciones Canarga S.L. por consideralas suficientemente cualificadas
Construcciones López Cao S.L. recibiu a invitación o día 1 de outubro de 2014 e presentou a oferta cos sobres A,B e C o día 9 de outubro cos números 2882,2883e 2884
Ramón Vázquez y Reino Construcciones recibiu a invitación o día 29 de setembro de 2014 que presentou a documentación relativa á renuncia o día 6 de outubro de 2014 co nº 2798
Construcciones Canarga S.L. recibiu a invitación o día 30 de setembro de 2014. Consta renuncia de 2 de outubro de 2014 co nº 2730
Os días 27 de outubro de 2014, 10 de novembro de 2014 e 21 de novembro de 2014 reuniuse a Mesa de contratación
Aberta a documentación subsanada neste acto (10/2014), considerouse completa.
Aberto o sobre B no acto da Mesa reunida o día 27 de outubro de 2014, entregoúselle ao Técnico municipal para a sua valoración provisional.
O Técnico valorou de forma motivada (informe que consta no expediente de 31/10/2014) o programa de traballo con 2 puntos, a actuación ambiental con 8 puntos, o plan de control de calidade con 2.32 puntos, o esquema do plan de seguridade e saúde con 3 puntos: total 15.32 puntos
Ábriuse o sobre C: oferta de 28600?+6006 de IVE: 34606?, o que supón unha baixa de 45.94 (orzamento de licitación de 34651,94? ), que segundo o programa da Deputación ten unha puntuación de 0.27 puntos
Puntuación total da empresa Construcciones López Cao S.L. 15.59
Comunicada pola Mesa ao órgano de contratación a puntuación obtida pola empresa Construcciones López Cao S.L., o alcalde resolveu, avocadas as competencias, comunicarlle o relativo á puntuación obtida pola valoración do Técnico municipal no sobre B (referencias técnicas) de 15.32 puntos e de 0.27 puntos da oferta económica para que manifestase no caso de 3 días naturais a súa ratificación ou melloras nalgúns dos epígrafes valorados, facéndolle constar que de non presentar nese prazo ninguna documentación entenderíase que a empresa ratificábase no presentado e xa valorado provisionalmente, pasando esta puntuación a ser definitiva. O mesmo no caso de que se ratificasen expresamente. De presentar melloras, efectuaríase unha nova valoración (xa con carácter definitivo) por parte do Técnico municipal.
Dada conta da resolución á empresa interesada, no prazo de tres días naturais dende a recepción da notificación non foi presentada ninguna comunicación nin escrito relativo a este expediente
Así, de conformidade co disposto na Resolución nº 369 a puntuación provisional pasou a ser definitiva converténdose polo tanto a oferta da empresa Construcciones López Cao na oferta económicamente mais ventaxosa.
O programa de traballo con 2 puntos, a actuación ambiental con 8 puntos, o plan de control de calidade con 2.32 puntos, o esquema do plan de seguridade e saúde con 3 puntos: total 15.32 puntos
Duración da obra: 1 mes
Oferta económica: 28600?+6006 de IVE: 34606?, o que supón unha baixa de 45.94 ( orzamento de licitación de 34651,94? ), que segundo o programa da Deputación ten unha puntuación de 0.27 puntos
Polo anterior, avocadas as competencias, o alcalde resolveu declarar como a proposición económicamente mais ventaxosa a presentada por Construcciones López Cao S.L. cos datos arriba referidos e requirirlle para que presentase os certificados de atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social (de non telos presentado) e a garantía definitiva por importe de 140?
Notificado este acordo á empresa interesada, o día 28 de novembro de 2014 co nº 3435 presentou esta os certificados esixidos e a garantía definitiva polo importe indicado.
Por este motivo resolveu o alcalde , avocando novamente, adxudicar o contrato da obra de Mantenemento de vías públicas no termo municipal de Ponteceso subvención nominativa expte 10/2014, á empresa Construcciones López Cao S.L., con domicilio social en Avda. Finisterre 267 A Coruña, conforme a seguinte oferta presentada:
O programa de traballo con 2 puntos, a actuación ambiental con 8 puntos, o plan de control de calidade con 2.32 puntos, o esquema do plan de seguridade e saúde con 3 puntos: total 15.32 puntos
Duración da obra: 1 mes
Oferta económica: 28600?+6006 de IVE: 34606?, o que supón unha baixa de 45.94 ( orzamento de licitación de 34651,94? ), que segundo o programa da Deputación ten unha puntuación de 0.27 puntos
Concello de Ponteceso