Procedementos Adxudicados definitivos |
---|
Expte 11/2014. Contrato de obras de mellora de rehabilitación superficial de camiños públicos en Sergude-Limiñoa subvención nominativa da Excma. Deputación provincial. | |
Publicado en: | Outros o 00-00-0000 |
Data de inicio: | |
Presentación:
en sesión de Xunta de Goberno Local celebrada o día 25 de setembro de 2014 aprobouse o expediente de contratacion da referida obra mediante procedemento negociado sen publicidade e invitouse a tres empresas por consideralas suficientemente capacitadas. Estas empresas foron: Construcciones López Cao S.L., Ramón Vázquez y Reino Construcciones y Arias Hermanos Construcciones |
|
Adxudicado:
O alcalde deste concello en reunión co Presidente da Deputación de 22 de setembro de 2014 asinou o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de A Coruña e o concello de Ponteceso para o financiamento das obras ?Rehabilitación superficial de camiños públicos en Sergude-Limiñoa , expte 11/2014? A Xunta de Goberno Local aprobou en sesión celebrada o día 7 de abril de 2014 o proxecto da obra ?Rehabilitación superficial de camiños públicos en Sergude-Limiñoa , expte 11/2014? A obra de ?Rehabilitación superficial de camiños públicos en Sergude-Limiñoa , expte 11/2014? é necesaria polo seguinte: Na actualidade os camiños públicos do presente proxecto posúen unha capa de rodada en saburra artificial totalmente deteriorada polo efecto tanto de vehículos (convencionais e pesados) que soportan como da escorrentía superficial ó localizarse as súas trazas en zonas totalmente chairas respecto ás parcelas colindantes As obras proxectadas consistenna rehabilitación superficial destes camiños dunha óptima calidade tanto superficial como estructural e adecualos á seguridade vial esixida para este tipo de infraestructuras En base ao anterior alcaldía dispuxo o 23.09.2014 que se levase a cabo o inicio da contratación da obra ?Rehabilitación superficial de camiños públicos en Sergude-Limiñoa , expte 11/2014? cun orzamento de 45199,44? + 21% de IVE: 54691,32? por procedemento negociado sen publicidade por razón da cuantía, En sesión de Xunta de Goberno Local celebrada o dia 25 de setembro de 2014 aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra de ?Rehabilitación superficial de camiños públicos en Sergude-Limiñoa , expte 11/2014? cun orzamento de 45199,44? + 21% de IVE: 54691,32? expte 11/2014, e acordouse aprobar os pregos de cláusulas administrativas particulares e o cadro de características que rexería a presente contratación mediante procedemento negociado sen publicidade e dispoñer a apertura do procedemento negociado sen publicidade remitindo ofertas a Construcciones López Cao S.L., Ramón Vázquez y Reino Construcciones S.L. e Arias Hermanos Construcciones por consideralas suficientemente cualificadas Construcciones López Cao S.L. recibiu a invitación o día 1 de outubro de 2014 e presentou a oferta cos sobres A,B e C o día 9 de outubro cos números 2879,2880 e 2881 Ramón Vázquez y Reino Constrcciones recibiu a invitación o día 30 de setembro de 2014 que presentou a documentación relativa á renuncia o día 6 de outubro de 2014 co nº 2798 Arias Hermanos Construcciones recibiu a invitación o día 30 de setembro de 2014. Consta renuncia de 2 de outubro de 2014 co nº 2729 Os días 27 de outubro de 2014, 10 de novembro de 2014 e 21 de novembro de 2014 reuniuse a Mesa de contratación Aberta a documentación subsanada neste acto (10/2014), considerouse completa. Aberto o sobre B no acto da Mesa reunida o día 27 de outubro de 2014, entregoúselle ao Técnico municipal para a sua valoración provisional. O Técnico valorou de forma motivada (informe que consta no expediente de 31/10/2014) o programa de traballo con 2 puntos, a actuación ambiental con 8 puntos, o plan de control de calidade con 2.32 puntos, o esquema do plan de seguridade e saúde con 3 puntos: total 15.32 puntos Ábriuse o sobre C: oferta de 45100?+9471 de IVE: 54571?, o que supón unha baixa de 120.32 (orzamento de licitación de 54691,32? ), que segundo o programa da Deputación ten unha puntuación de 0.44 puntos Puntuación total da empresa Construcciones López Cao S.L. 15.76 Comunicada pola Mesa ao órgano de contratación a puntuación obtida pola empresa Construcciones López Cao S.L., o alcalde resolveu, avocadas as competencias, comunicarlle á empresa Construcciones López Cao S.L. o relativo á puntuación obtida pola valoración do Técnico municipal no sobre B (referencias técnicas) de 15.32 puntos e de 0.44 puntos da oferta económica para que manifestase no caso de 3 días naturais a súa ratificación ou melloras nalgúns dos epígrafes valorados, facéndolle constar que de non presentar nese prazo ninguna documentación entenderíase que a empresa ratificábase no presentado e xa valorado provisionalmente, pasando esta puntuación a ser definitiva. O mesmo no caso de que se ratificasen expresamente. De presentar melloras, efectuaríase unha nova valoración (xa con carácter definitivo) por parte do Técnico municipal. Dada conta da resolución á empresa interesada, no prazo de tres días naturais dende a recepción da notificación non foi presentada ninguna comunicación nin escrito relativo a este expediente Así, de conformidade co disposto na Resolución nº 368 a puntuación provisional pasou a ser definitiva converténdose polo tanto a oferta da empresa Construcciones López Cao na oferta económicamente mais ventaxosa. O programa de traballo con 2 puntos, a actuación ambiental con 8 puntos, o plan de control de calidade con 2.32 puntos, o esquema do plan de seguridade e saúde con 3 puntos: total 15.32 puntos Duración da obra: 1 mes Oferta económica: 45100?+9471 de IVE: 54571?, o que supón unha baixa de 120.32 ( orzamento de licitación de 54691,32? ), que segundo o programa da Deputación ten unha puntuación de 0.44 puntos Polo anterior, avocadas as competencias, o alcalde resolveu declarar como a proposición económicamente mais ventaxosa a presentada por Construcciones López Cao S.L. cos datos arriba referidos e requirirlle para que presentase os certificados de atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social (de non telos presentado) e a garantía definitiva por importe de 2255? Notificado este acordo á empresa interesada, o día 28 de novembro de 2014 co nº 3434 presentou esta os certificados esixidos e a garantía definitiva polo importe indicado. Por este motivo resolveu o alcalde , avocando novamente, adxudicar o contrato da obra de Rehabilitación superficial de camiños en Sergude-Limiñoa subvención nominativa expte 11/2014, á empresa Construcciones López Cao S.L., con domicilio social en Avda. Finisterre 267 A Coruña, conforme a seguinte oferta presentada: O programa de traballo con 2 puntos, a actuación ambiental con 8 puntos, o plan de control de calidade con 2.32 puntos, o esquema do plan de seguridade e saúde con 3 puntos: total 15.32 puntos Duración da obra: 1 mes Oferta económica: 45100?+9471 de IVE: 54571?, o que supón unha baixa de 120.32 ( orzamento de licitación de 54691,32? ), que segundo o programa da Deputación ten unha puntuación de 0.44 puntos o día 19 de decembro de 2014 asinouse o contrato |