Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Perfil do contratante


Estado dos procedementos:
Texto:


Procedementos Adxudicados definitivos

Data publicación web:  27-01-2015

Expte 13/2014 Obra de mellora de firme en camiños públicos en A Calle e Padiñas Subvención nominativa outorgada pola Excam. Deputación Provincial de A Coruña
Publicado en: Outros o 00-00-0000
Importe: 35372,11? + 21% de IVE: 42800,25?
Data de inicio:
Presentación:
en sesión de Xunta de Goberno Local celebrada o día 25 de setembro de 2014 aprobouse o expediente desta contratación e invitouse a tres empresas a participar nel por consideralas suficientemente capacitadas, que foron:
Construcciones Canarga S.L.
Construcciones López Cao S.L.
Ramón Vázquez y Reino Construcciones S.L.
Data de apertura de plicas:27 de outubro de 2014
Adxudicado:
O alcalde deste concello en reunión co Presidente da Deputación de 22 de setembro de 2014 asinou o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de A Coruña e o Concello de Ponteceso para o financiamento das obras ?mellora de firme de camiños públicos en A Calle e Pardiñas?
A Xunta de Goberno Local aprobou en sesión celebrada o día 7 de abril de 2014 o proxecto da obra ?mellora de firme de camiños públicos na Calle e en Pardiñas
A obra de ?Mellora de firme de camiños públicos na Calle en Pardiñas? é necesaria polo seguinte:
Na actualidade os camiños públicos do presente proxecto posúen unha capa de rodada en saburra artificial ou pavimento asfáltico totalmente deteriorada polo efectos tanto do tránsito de vehículos que soportan como da escorrentía superficial ó localizarse as súas trazas en zonas totalmente chairas respecto ás parcelas colindantes
As obras proxectadas consisten principlamente na rehabilitación superficial destes camiños mediante a mellora da súa capa de rodadura para dotalos dunha óptima calidade tanto superficial como estructural e adecualos á seguridade vial esixida para este tipo de infraestructuras
En base ao anterior alcadía dispuxo o 23.09.2014 que se levase a cabo inicio da contratación da obra ?Mellora de firme de camiños públicos en A Calle e Pardiñas ? cun orzamento de 35372,11? + 21% de IVE: 42800,25? por procedemento negociado sen publicidade por razón da cuantía,
En sesión de Xunta de Goberno Local celebrada o dia 25 de setembro de 2014 aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra de ?Mellora de firme de camiños públicos en A Calle e Pardiñas? cun orzamento de 35372,11? + 21% de IVE: 42800,25? expte 13/2014, e acordouse aprobar os pregos de cláusulas administrativas particulares e o cadro de características que rexería a presente contratación mediante procedemento negociado sen publicidade e dispoñer a apertura do procedemento negociado sen publicidade remitindo ofertas a Construcciones López Cao S.L., Ramón Vázquez y Reino Construcciones S.L. e Construcciones Canarga S.L. por consideralas suficientemente cualificadas
Construcciones López Cao S.L. recibiu a invitación o día 30 de setembro de 2014 e presentou a documentación con rexistro de entrada do xustificante de Correos o dia 8 de outubro de 2014
Ramón Vázquez y Reino Constrcciones recibiu a invitación o día 29 de setembro de 2014 que presentou a documentación relativa á renuncia o día 6 de outubro de 2014 co nº 2798
Construcciones Canarga S.L. recibiu a invitación o día 29 de setembro de 2014. Consta renuncia de 2 de outubro de 2014 co nº 2730
Os días 27 de outubro de 2014 e 21 de novembro de 2014 reuniuse a Mesa de contratación
Aberta a documentación subsanada neste acto (21/11/2014), considerouse completa.
Aberto o sobre B no acto da Mesa reunida o día 27 de outubro de 2014, entregoúselle ao Técnico municipal para a sua valoración provisional.
O Técnico valorou de forma motivada (informe que consta no expediente de 07/11/2014) o programa de traballo con 2 puntos, a actuación ambiental con 8 puntos, o plan de control de calidade con 2.34 puntos, o esquema do plan de seguridade e saúde con 3 puntos: total 15.34 puntos
Ábriuse o sobre C: oferta de 35300?+7413 de IVE: 42713?, o que supón unha baixa de 87.25 ( orzamento de licitación de 42800.25? ), que segundo o programa da Deputación ten unha puntuación de 0.41 puntos
Puntuación total da empresa Construcciones López Cao S.L. 15.75
Comunicada pola Mesa ao órgano de contratación a puntuación obtida pola empresa Construcciones López Cao S.L., o alcalde resolveu, avocadas as competencias, comunicarlle á empresa Construcciones López Cao S.L. o relativo á puntuación obtida pola valoración do Técnico municipal no sobre B (referencias técnicas) de 15.34 puntos e de 0.41 puntos da oferta económica para que manifestase no caso de 3 días naturais a súa ratificación ou melloras nalgúns dos epígrafes valorados, facéndolle constar que de non presentar nese prazo ninguna documentación entenderíase que a empresa ratificábase no presentado e xa valorado provisionalmente, pasando esta puntuación a ser definitiva. O mesmo no caso de que se ratificasen expresamente. De presentar melloras, efectuaríase unha nova valoración (xa con carácter definitivo) por parte do Técnico municipal.
Dada conta da resolución á empresa interesada, no prazo de tres días naturais dende a recepción da notificación non foi presentada ninguna comunicación nin escrito relativo a este expediente
Así, de conformidade co disposto na Resolución nº 371 a puntuación provisional pasou a ser definitiva converténdose polo tanto a oferta da empresa Construcciones López Cao na oferta económicamente mais ventaxosa.
O programa de traballo con 2 puntos, a actuación ambiental con 8 puntos, o plan de control de calidade con 2.34 puntos, o esquema do plan de seguridade e saúde con 3 puntos: total 15.34 puntos
Duración da obra: 1 mes
Oferta económica: 35300?+7413 de IVE: 42713?, o que supón unha baixa de 87.25 ( orzamento de licitación de 42800.25? ), que segundo o programa da Deputación ten unha puntuación de 0.41 puntos
Polo anterior, avocadas as competencias, o alcalde resolveu declarar como a proposición económicamente mais ventaxosa a presentada por Construcciones López Cao S.L. cos datos arriba referidos e requirirlle para que presentase os certificados de atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social (de non telos presentado) e a garantía definitiva por importe de 1765?
Notificado este acordo á empresa interesada, o día 5 de decembro de 2014 co nº 3524 presentou esta os certificados esixidos e a garantía definitiva polo importe indicado.
Por este motivo resolveu o alcalde , avocando novamente, adxudicar o contrato da obra de Mellora de firme de camiños públicos na Calle e Pardiñas subvención nominativa expte 13/2014, á empresa Construcciones López Cao S.L., con domicilio social en Avda. Finisterre 267 A Coruña, conforme a seguinte oferta presentada:
O programa de traballo con 2 puntos, a actuación ambiental con 8 puntos, o plan de control de calidade con 2.34 puntos, o esquema do plan de seguridade e saúde con 3 puntos: total 15.34 puntos
Duración da obra: 1 mes
Oferta económica: 35300?+7413 de IVE: 42713?, o que supón unha baixa de 87.25 ( orzamento de licitación de 42800.25? ), que segundo o programa da Deputación ten unha puntuación de 0.41 puntos
O contrato foi asinado o 19 de decembro de 2014
Concello de Ponteceso