Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Perfil do contratante


Estado dos procedementos:
Texto:


Procedementos Adxudicados definitivos

Data publicación web:  27-01-2015

Expte 7/2014 Obra de reurbanización da Rúa Eduardo Blanco Amor no Concello de Ponteceso. DTC 93
Publicado en: Outros o 00-00-0000
Importe: 39037,71? +21% de IVE: 47235,63?
Data de inicio:
Presentación:
Aprobado en sesión de Xunta de Goberno Local celebrada o día 25 de setembro de 2014 o expediente de contratación, invitouse a tres empresas por considerarse polo órgano de contratación suficientemente capacitadas.
Éstas foron Construcciones Carlos Anibal Lista S.L., Josñe Antonio Costa Fernández y Construcciones Esteban Seoane S.L.
Data de apertura de plicas:27 de outubro de 2014
Adxudicado:
O Pleno deste Concello de Ponteceso en sesión celebrada o día 31 de marzo de 2014 acordou participar no ?Plan DTC 93 Unha deputación para todos os concellos? da Deputación Provincial da Coruña
En data 04/09/2014 recibiuse nas oficinas xerais deste Concello a Circular para contratar as obras incluídas no PLAN DTC 93, entre elas a ?Reurbanización na rúa Eduardo Blanco Amor ?, que se considerou necesaria polo seguinte:
Dita rúa presenta un aspecto na súa marxe Norte dunhas condicións un tanto precarias en canto a accesibilidade, polo que se lle pretende dotar dunhas condicións adecuadas para o seu uso peatonal ademáis de aproveitar para canalizar subterráneamente un tubo corrugado que permita canalizar a instalación do alumeado do vial
Polo anterior, o día 9 de setembro de 2014 o alcalde dispuxo que se levase a cabo inicio da contratación da obra ?Reurbanización na Rúa Eduardo Blanco Amor, expte 7/2014? cun orzamento de 39037,71? + 21% de IVE: 47235,63? por procedemento negociado sen publicidade por razón da cuantía,
En sesión de Xunta de Goberno Local celebrada o dia 25 de setembro de 2014 aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra de ?Reurbanización na Rúa Eduardo Blanco Amor, expte 7/2014? cun orzamento de 39037,71? + 21% de IVE: 47235,63? por procedemento negociado sen publicidade por razón da cuantía, e acordouse aprobar os pregos de cláusulas administrativas particulares e o cadro de características que rexería a presente contratación mediante procedemento negociado sen publicidade e dispoñer a apertura do procedemento negociado sen publicidade remitindo ofertas a Construcciones Carlos Anibal Costa Lista S.L. , José Antonio Costa Fernández y Construcciones Esteban Seoane S.L. por consideralas suficientemente cualificadas
Construcciones Carlos Anibal Lista S.L. recibiu a invitación o día 26.09.2014 e presentou os sobres ABC con rexistro de entrada respectivamente o día 3 de outubro cos números 2754,2755 e 2756.
6 José Antonio Costa Fernández recibiu a invitación o día 26.09.2014 e presentou os sobres AB e C o día 3 de outubro de 2014 cos números 2751,2752 e 2753.
Construcciones Esteban Seoane S.L. recibiu a invitación o 29.09.2014 e presentou os sobres AB e C e o día 3 de outubro cos números 2804,2806 e 2805
Os días 27 de outubro de 2014, 10 de novembro de 2014 e 21 de novembro de 2014 reuniuse a Mesa de contratación
Na sesión de 10/11/2014 acordouse excluir o empresario Carlos Anibal Costa Lista S.L.
Aberto o sobre B no acto da Mesa reunida o día 27 de outubro de 2014, entregoúselle ao Técnico municipal para a sua valoración provisional.
O Técnico valorou de forma motivada (informe que consta no expediente de 07/11/2014) :
Costa Fernández: programa de traballo con 0.5 puntos, a actuación ambiental con 2 puntos, o plan de control de calidade con 1 punto, o esquema do plan de seguridade e saúde con 3 puntos: total 0 puntos
Esteban Seoane: programa de traballo con 1.5 puntos, a actuación ambiental con 6 puntos, o plan de control de calidade con 2 puntos, o esquema do plan de seguridade e saúde con 1 punto
Negociouse cos criterios técnicos, pero non houbo melloras por parte das empresas interesadas, tal e como consta no expediente
Ábriuse o sobre C en sesión de 21.11.2014: oferta de Costa Fernández: 39037,71?+IVE: 47235,63?, o que supón unha baixa de 0 (orzamento de licitación de 47235,63?)
Puntuación total da empresa Construcciones Costa Fernández: 3.5
Oferta de Construcciones Esteban Seoane S.L.: 39037,71?+IVE: 47235,63?, o que supón unha baixa de 0 (orzamento de licitación de 47235,63?)
Puntuación total da empresa Construcciones Esteban Seoane S.L.: 10.5
Comunicada pola Mesa ao órgano de contratación a puntuación obtida polas empresas, o alcalde resolveu, avocadas as competencias, comunicarlles o relativo á puntuación global obtida pola valoración do Técnico municipal no sobre B e da oferta económica para que manifestasen no prazo de 3 días naturais a súa ratificación ou melloras nalgúns dos epígrafes valorados, facéndolle constar que de non presentar nese prazo ninguna documentación entenderíase que a empresa ratificábase no presentado e xa valorado provisionalmente, pasando esta puntuación a ser definitiva. O mesmo no caso de que se ratificasen expresamente. De presentar melloras, efectuaríase unha nova valoración (xa con carácter definitivo) por parte do Técnico municipal.
Dada conta da resolución ás empresas interesadas, no prazo de tres días naturais dende a recepción da notificación non houbo melloras
Así, de conformidade co disposto na Resolución nº 387 a puntuación provisional pasou a ser definitiva converténdose polo tanto a oferta da empresa Construcciones Esteban Seoabe S.L.na oferta económicamente mais ventaxosa e se lle requiriu a esta empresa para que presentase os certificados de atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social (de non telos presentado) e a garantía definitiva por importe de 1951,88?
Notificado este acordo á empresa interesada, o día 9 de decembro de 2014 co nº 3541 presentou o aval esixido.
Por este motivo resolveu o alcalde , avocando novamente, adxudicar o contrato da obra de Reurbanización na Rúa Eduardo Blanco Amor, expte 7/2014? cun orzamento de 39037,71? + 21% de IVE: 47235,63? por procedemento negociado sen publicidade por razón da cuantía, a Construcciones Esteban Seoane S.L. con base na seguinte oferta:
.- programa de traballo con 1.5 puntos, a actuación ambiental con 6 puntos, o plan de control de calidade con 2 puntos, o esquema do plan de seguridade e saúde con 1 punto
.- Sen baixa económica
.- prazo de duración: 1 mes menos 1 día


O contrato foi asinado o día 19 de decembro de 2014



Concello de Ponteceso