Procedementos Adxudicados definitivos |
---|
EXPTE 3/2014 : OBRA DE MELLORA DE CAMIÑO PÚBLICO EN XORNES POS 014 ORZAMENTO DE LICITACIÓN: 30010,47? | |
Publicado en: | Outros o 00-00-0000 |
Data de inicio: | |
Presentación:
NO REXISTRO XERAL DE DOCUMENTOS DESTE CONCELLO DE PONTECESO |
|
Adxudicado:
1º.- A Excma. Deputación Provincial de A Coruña comunicou a este Concello de Ponteceso a aprobación das bases reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2014. 2º.- En data 12 de decembro de 2013 o Pleno desta Corporación de Ponteceso acordou, en función das necesidades deste concello, a aprobación do Plan de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal do ano 2014 (POS 2014) e aprobación dos correspondentes proxectos. 3º.- Así aprobouse o proxecto da obra MELLORA DE CAMIÑO PÚBLICO EN XORNES (Expte 3/2014) cun orzamento de 30010,47? En data 03/04/2014 recibiuse nas oficinas xerais deste Concello a Circular para contratar as obras incluídas no POS 2014. 4º.- En base ao anterior a Xunta de Goberno Local acordou en sesión celebrada o día 7 de maio de 2014 aprobar o expediente de contratación desta obra mediante procedemento negociado sen publicidade por ser un procedemento de contratación moi áxil, de conformidade coas instruccións emitidas pola Excma. Deputación Provincial na circular para contratar as obras incluídas no POS 2014 (10 b) (contratos de obras cuxo valor estimado sexa inferior ao establecido no art 177.2 do TRLCSP, en relación co 171.d Aprobando o expediente, aprobábanse tamén o prego decláusulas administrativas particulares e o cadro de características e se acordaba invitar a tres empresas suficientemente capacitadas para negociar ás condicións da contratación. 5º.- As empresas invitadas foron: Arias Hermanos Construcciones S.A., Construcciones López Cao S.L. e Canarga Construcciones S.L. Constan no expediente ás xustificacións dos recibís das invitacións de Arias Hermanos Construcciones S.A, de Canarga Construcciones S.L.e de Construcciones López Cao S.L. 6º.- Os membros da Mesa de Contratación procederon en dúas sesión ó exame da documentación. O técnico valorou o sobre B e abriuse o sobre C. E elevaron a seguinte proposta: PROPOSICIÓN ECONÓMICAMENTE MAIS VENTAXOSA Obras de mellora de camino público en Xornes. Expte 3/2014: presentou a documentación do sobre A completa Expte 3/2014: 17 puntos Programa de traballo: 3, actuación ambiental: 8, plan de control de calidade: 2 esquema de plan de Seguridade e Saúde: 4 Duración da obra: 1 mes Expte 3/2014: prazo de licitación: 30010.47? Prezo ofertado: 24800+5208 de IVE : 30008? 7º.- Así, en base ao disposto á Xunta de Goberno Local acordou en sesión celebrada o día 16 de xuño de 2014 declarar como a proposición económicamente mais ventaxosa a presentada por Construcciones López Cao S.L. cos datos arriba referidos e requirirlle para que presentase os certificados de atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e a garantía definitiva por importe de 1240? . 8º.- O día 25 de xuño de 2014 o interesado recibiu o requerimento. O día 2/7/2014 co nº 1889 presentaron toda a documentación esixida 9º.- Polo anterior, os membros da Xunta de Goberno Local acordaron en sesión celebrada o día 7 de xullo de 2014 adxudicar a contratación da obra Mellora de camino público en Xornes expte 3/2014: coas seguintes características: Axustarase íntegramente ao disposto no sobre B ? referencias técnicas- e no prego de prescripcións técnicas, ao programa de traballo, polo que tivo unha valoración de 3 puntos, actuación ambiental: 8 puntos, plan de control de calidade: 2 punto e esquema do Plan de seguridade e saúde: 4 puntos. Prazo de execución das obras, 1 mes O prezo de adxudicación ascende a 24800+5208? de IVE: 30008 o que supón una baixada de 2.47? o día 14 de xullo de 2014 asinouse este contrato entre a empresa contratista e o concello de Ponteceso |