Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Perfil do contratante


Estado dos procedementos:
Texto:


Procedementos Adxudicados definitivos

Data publicación web:  27-06-2013

expte 3/2013. Plan de Obras e Servizos de Competencia municipal. Obra: rehabilitación superficial en tres rúas en Corme-Aldea procedemento negicado sen publicidade por mor da cuantía Orzamento das obras: 63.959,78? + 21% de IVE: 77.391,33
Publicado en: Outros o 00-00-0000
Data de inicio:
Presentación:
Invitouse a tre empresas que dispuxeron dun prazo de 8 días naturais dende a recepción da invitación para presentar as plicas.
Adxudicado:
Os pregos de cláusulas administrativas e técnicas foron aprobados en sesión de Xunta de Goberno Local de 08/04/2013.
Invitouse as seguintes 3 empresas:
1.-Obraxe S.L., recibiu a invitacion o día 26/04/2013
2- Construcciones López Cao S.L.: recibiu a invitación 26/04/2013
3- Ramón Vázquez y reino Construcciones: recibiu a invitación o 30 de abril de 2013
A Mesa reuniuse en dúas ocasións, o días 30 de maio de 2013 e o día 10 de xuño de 2013
Consta no expediente o informe de valoración efectuado polo Técnico municipal de data 5 de xuño de 2013
Examinada toda a documentación obrante no expediente, os membros da Mesa de Contratación propuxeron en sesión de 10 de xuño de 2013 ao órgano de contratación que adxudique a obra de Rehabilitación superficial en tres rúas en Corme-Aldea (POS 2013) expte 3/2013 en base ao seguinte:
A valoración efectuada polo Técnico municipal é Programa de traballo: 2 puntos, actuación ambiental: 8 puntos, plan de control de calidade: 4 punto e esquema do Plan de seguridade e saúde: 3 puntos. Prazo de execución das obras, 1 mes
Aberto o sobre C, a oferta presentada é: 63.800,00? + 13.398? de IVE: 77.198,00?, o que supón unha baixa de 159.78?.

Examinada a proposta da acta da Mesa de contratación e, en base ao disposto no TRLCSP aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011 que di que o órgano de contratación requerirá ao licitador que tivera presentado a oferta económicamente mais ventaxosa para que no prazo de 10 días hábiles a contar dende o seguinte a aquel no que recibirá o requerimento presente a documentación xustificativa de atoparse ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de ter constituido a garantía definitiva.
AXunta de Goberno Local, en base ao disposto na acta da Mesa de Contratación reunida o día 10 de xuño de 2013 acordou en sesión de 17 de xuño de 2013 requirirlle a á empresa Construcciones López Cao S.L. para que presente os certificados de atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e a garantía definitiva por importe de 3190? .
así, presentada toda a documentación esixida polo licitador, a Xunta de Goberno Local acordou en sesión de 15 de xullo de 2013 adxudicar a obra Rehabilitación superficial en tres rúas en Corme-Aldea (POS 2013) expte 3/2013 á empresa Construcciones López Cao S.L. axustándose íntegramente as características técnicas presentadas e valoradas de programa de traballo: 2 puntos, actuación ambiental: 8 puntos, plan de control de calidade: 4 puntos e esquema do Plan de seguridade e saúde: 3 puntos. Prazo de execución das obras, 1 mes, prezo de adxudicación 63.800,00? + 13.398? de IVE: 77.198,00?, o que supón unha baixa de 159.78?.
O contrato asinouse o día 17 de xullo de 2013
Concello de Ponteceso