Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Perfil do contratante


Estado dos procedementos:
Texto:


Procedementos Adxudicados definitivos

Data publicación web:  07-05-2013

Expte 2/2013. proxecto de Reurbanización da Avda. Eduardo Pondal. Plan Unha Diputación para todos os Concellos (DTC94). Orzamento de licitación: 71.290,88? +IVE do 21%: 86.261,96? Procedemento negociado sen publicidade por razón da cuantía
Publicado en: DOGA o 00-00-0000
Data de inicio:
Presentación:
As empresas invitadas debían presentar a documentación no prazo de 8 días dende a recepción da invitación no rexistro xeral de documentos deste Concello ou en calquera outra forma amparada no artigo 38.4 da LRXPAC
Adxudicado:
A Xunta de Goberno Local en sesión de 11 de marzo de 2013 aprobou o expediente 2/2013 de reurbanización na Avenida Eduardo Pondal, dentro do Plan DTC 94.
Acordouse igualmente invitar a tres empresas plenamente capacitadas, cun prazo de 8 días para que presentaran as plicas.
As empresas invitadas foron:
- Obraxe S.L.
- Construcciones López CaoS.L.
- Ramón Vázquez y Reinoso S.L.
A Mesa de contratación reuniuse o día 26 de abril de 2013 ás 9h10 e consta na acta:
Reunidos o día 26 de abril de 2013, ás 9h00, a Mesa de Contratación abre a documentación do sobre A- documentación de carácter xeral-.
Obraxe: renunciou á licitación (escrito con rexistro de entrada de 10 de abril de 2013, nº 910)
Ramón Vázquez : se abre o sobre A , presentado dentro dun sobre que consta no expediente que tivo rexistro de entrada nº 914 de 10/04/2013.
Non consta a documentación esixida no sobre A, consta unha declaración do representante da empresa na que fai constar que se ven obrigados a renunciar á licitación non falla de dispoñibilidade da maquinaria necesaria para a execución dos traballos.
Construcciones López Cao: se abre o sobre A, con data de rexistro de entrada o 10/04/2013 co nº 912.
Construcciones López Cao: examinada a documentación do sobre A, está completo .
Se abre o sobre B da empresa Construcciones López cao S.L, e se lle entrega o Técnico municipal para o seu informe de valoración

Novamente reuniuse a Mesa de Contratación o día 30 de abril de 2013 e consta na acta:
Reunidos o día 30 de abril de 2013 ás 13h00, se procede ao exame do informe emitido polo Técnico municipal de valoración do sobre B- referencias técnicas da empresa Construcciones López Cao S.L. e se abre o sobre C-oferta económica.
A valoración efectuada polo Técnico municipal é Programa de traballo: 2 puntos, actuación ambiental: 8 puntos, plan de control de calidade: 1 punto e esquema do Plan de seguridade e saúde: 3 puntos.
Aberto o sobre C, a oferta presentada é: 71.200? + 14.952? de IVE: 86.152?, o que supón unha baixa de 109,96?, 40 puntos.
Total:54 puntos
Polo anterior, os membros da Mesa de Contratación propoñemos ao órgano de contratación que adxudique a obra de REURBANIZACIÓN DA AVDA. EDUARDO PONDAL NO CONCELLO DE PONTECESO á empresa Construcciones López Cao S.L.

Polo anterior, a Xunta de Goberno Local en sesión de 6 de maio de 2013 acordou:
En base ao disposto na acta da Mesa de Contratación reunida o día 30 de abril de 2013 que lle requira a á empresa Construcciones López Cao S.L. para que presente os certificados de atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e a garantía definitiva por importe de 3560? .
O día 13 de maio de 2013 co nº 1244 de rexistro de entrada a empresa Construcciones López Cao S.L. presentou a documentación requerida.
Por isto, a Xunta de Goberno Local acordou en sesión celebrada o día 20 de maio de 2013 adxudicarlle a empresa Construcciones López Cao S.L. a obra REURBANIZACIÓN DE AVDA. EDUARDO PONDAL NO CONCELLO DE PONTECESO. DTC 94. EXPTE 2/2013, por importe de 71200? + 14.952? de IVE: 86.152?, e co programa de traballo, actuación ambiental, plan de control de calidade, esquema do Plan de seguridade e saúde e prazo de execución adaptados ao sobre B proposta técnica.
A sinatura do contrato celebrarase o día venres 24 de maio de 2013

Concello de Ponteceso