Procedementos Adxudicados definitivos |
---|
Expte 1/2013. Proxecto para reparación de viales e pavimentos no ámbito do termo municipal de Ponteceso. Plan Unha Diputación para todos os Concellos (DTC94). Procedemento negociado sen publicidade, cun orzamento de 49.504? + 21% de IVE: 59.899,84? | |
Publicado en: | DOGA o 00-00-0000 |
Data de inicio: | |
Presentación:
os invitados á licitación debían presentar a documentación no prazo de 8 días dende a recepción da invitación no rexistro xeral de documentos deste Concello ou en calquera outra forma amparada no artigo 38.4 da LRXPAC |
|
Adxudicado:
A Xunta de Goberno Local en sesión de 11 de marzo de 2013 aprobou o expediente 1/2013 de reparación de viales e pavimentos no ámbito do termo municipal de Ponteceso, dentro do Plan DTC 94. Acordouse igualmente invitar a tres empresas plenamente capacitadas, cun prazo de 8 días para que presentaran as plicas. As empresas invitadas foron: - Obraxe S.L. - Construcciones López CaoS.L. - Construcciones Ramón Vázquez S.L. A Mesa de contratación reuniuse o día 26 de abril de 2013 ás 9h00 e consta na acta: Reunidos o día 26 de abril de 2013, ás 9h00, a Mesa de Contratación abre a documentación do sobre A- documentación de carácter xeral-. Obraxe: renunciou á licitación (escrito con rexistro de entrada de 10 de abril de 2013, nº 911) Ramón Vázquez : se abre o sobre A , presentado dentro dun sobre que consta no expediente que tivo rexistro de entrada nº 914 de 10/04/2013. Non consta a documentación esixida no sobre A, consta unha declaración do representante da empresa na que fai constar que se ven obrigados a renunciar á licitación non falla de dispoñibilidade da maquinaria necesaria para a execución dos traballos. Construcciones López Cao: se abre o sobre A, con data de rexistro de entrada o 10/04/2013 co nº 913. Construcciones López Cao: examinada a documentación do sobre A, está completo . Se abre o sobre B da empresa Construcciones López cao S.L, e se lle entrega o Técnico municipal para o seu informe de valoración Novamente reuniuse a Mesa de Contratación o día 30 de abril de 2013 e consta na acta: Reunidos o día 30 de abril de 2013 ás 13h00, se procede ao exame do informe emitido polo Técnico municipal de valoración do sobre B- referencias técnicas da empresa Construcciones López Cao S.L. e se abre o sobre C-oferta económica. A valoración efectuada polo Técnico municipal é Programa de traballo: 2 puntos, actuación ambiental: 8 puntos, plan de control de calidade: 1 punto e esquema do Plan de seguridade e saúde: 3 puntos. Aberto o sobre C, a oferta presentada é: 49.400? + 10.374,00? de IVE: 59.774?, o que supón unha baixa de 125,48?, 40 puntos. Total:54 puntos Polo anterior, os membros da Mesa de Contratación propoñemos ao órgano de contratación que adxudique a obra de REPARACIÓN DE VIARIOS E PAVIMENTOS NO ÁMBITO DO TERMO MUNICIPAL DE PONTECESO á empresa Construcciones López Cao S.L. Polo anterior, a Xunta de Goberno Local en sesión de 6 de maio de 2013 acordou: en base ao disposto na acta da Mesa de Contratación reunida o día 30 de abril de 2013 que lle requira a á empresa Construcciones López Cao S.L. para que presente os certificados de atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e a garantía definitiva por importe de 2470? . O día 13 de maio de 2013 co nº 1245 de rexistro de entrada a empresa Construcciones López Cao S.L. presentou a documentación requerida. Polo anterior, os membros da Xunta de Goberno Local acordaron en sesión celebrada o día 20 de maio de 2013 adxudicar a obra de REPARACIÓN DE VIARIOS E PAVIMENTOS NO ÁMBITO DO TERMO MUNICIPAL DE PONTECESO á empresa Construcciones López Cao S.L, polo prezo de 49.400? + 10.374,00? de IVE: 59.774?, e a obriga de axustárse a empresa na execución da obra ao disposto íntegramente no sobre B. A sinatura do contrato celebrarase o día venres 24 de maio de 2013 |