Procedementos Adxudicados definitivos |
---|
expediente 7/2012 de contratación das obras de Dotación de servizos en Rúa General Mourelle, dentro do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (POS 2012). Procedemento negociado por razon da cuantía. Orzamento base de licitación: 55.629,49? + IVE | |
Publicado en: | DOGA o 00-00-0000 |
Importe: | 55.629,49? + IVE |
Data de inicio: | |
Presentación:
a Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 25/09/2012 acordou aprobar o expediente de contratación e o inicio da licitación da obra de Dotación de servizos en Rúa General Mourelle. Acordouse igualmente invitar a tres empresas a Obraxe S.L., a Construcciones López Cao S.L. e a Construcciones Ramón Vázquez S.L. , outorgándolles ás 3 empresas 8 días naturais para presentar as ofertas. |
|
Data de apertura de plicas: | 17 de outubro de 2012 e 19 de outubro de 2012 |
Adxudicado:
A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 22 de outubro de 2012, á vista da proposta da Mesa de contratación, acordou requerirlle á empresa Construcciones López Cao S.L. ,por ser quen presentou a mellor oferta, para que presente os certificados de atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social e o resgardo da garantía definitiva por importe de 2775?. O día 7 de novembro de 2012 a empresa presentou a documentación requerida. A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 19 de novembro de 2012 acordou adxudicar a obra de Dotación de servizos en Rúa General Mourelle ( expte 7/2012) á empresa Construcciones López Cao S.L., coa seguinte oferta económica:55.500?+IVE. deberá axustarse á documentación presentada no sonre B, relativa ao programa de traballo, a actuación ambiental, plan de control de calidade e o Plan de seguridade e saúde. O día 3 de decembro de 2012 asinarase o contrato entre o Concello de Ponteceso e o representante da empresa López Cao S.L. |