Procedementos Adxudicados definitivos |
---|
Expediente 3/2012 de contratación do servizo - Elaboración da páxina web, do Plan de promoción e divulgación do proxecto e a elaboración do mapa de rutas - Contrato administrativo de servizos. Licitación por procedemento negociado sen publicidade, por mor da cuantía. Prezo: 59086,14 (IVE engadido):50073? +18% de IVE | |
Publicado en: | DOGA o 00-00-0000 |
Data de inicio: | 8 días naturas dende a recpción da invitación |
Presentación:
Nas oficinas xerais do concello de Ponteceso, ou na forma establecida no artigo 38.4 da Lei 30/1992. A Xunta de Goberno Local en sesión de 23/04/2012 acordou aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescripcións técnicas da contratación arriba referida e licitar o servizo por procedemento negociado sen publicidade Acordouse igualmente invitar a 3 empresas por consideralas suficientemente capacitadas: - Creatividad Diseño gráfico S.L.U. recibiu a invitación o 14/05/2012 - Diego Vilar Toba: recibiu a invitación o 14/05/2012 - Globalgrafic Impresión e Imaxe S.L.recibiu a invitación o 14/05/2012 No prazo de 8 días para presentar as ofertas e á vistas de erros existenes no prego de prescripcións técnicas, a Xunta de goberno Local, en sesión de 21/05/2012 acordou suspender o prazo antes indicado, aprobar uns novos pregos de prescripcións técnicas e abrir un novo prazo: Creatividad Diseño gráfico S.L.U. recibiu a invitación o 01/06/2012 - Diego Vilar Toba: recibiu a invitación o 04/06/2012 - Globalgrafic Impresión e Imaxe S.L.recibiu a invitación o 4/06/2012 A Mesa de contratación estará composta por : Preside: alcalde: José luis Fondo Aguiar Vogais: Óscar Manuel Rey Calo (concelleiro) JOsé María Sánchez Salvador ( Axente de emprego Local) Cristina Castro fuentes (Secretaria) Lucía Mata Rodríguez (Interventora) Secretaria da Mesa: María Julia Ures Villar. Esta información foi publicada o día 22/06/2012. O día 27/06/2012 se reunirá a Mesa de contratación para a pertura do sobre B-referencias técnicas. ( esta información publícase o día 26/06/2012) O día 29 de xuño de 2012 ás 09.30h reunirase a Mesa de Contratación para a apertura do sobre C. (esta información é publicada o día 28/06/2012) 3º sesión da Mesa. Apertura do sobre C. Hora: 9h40, Día 29/06/2012. ACTO PÚBLICO Expediente 3/2012 de contratación do servizo -elaboración de páxina web, plan de promoción e divulgación do proxecto e elaboración de mapa de rutas- Contrato administrativo de servizos. Licítase por procedemento negociado sen publicidade, por mor da cuantía. Prezo: 59086,14 (IVE engadido) A Mesa de contratación esta composta por: Preside: José Pose Facal, por delegación de alcaldía (R 180bis-2012) Vogais: Óscar Manuel Rey Calo (concelleiro) JOsé María Sánchez Salvador ( Axente de emprego Local) Cristina Castro fuentes (Secretaria) Lucía Mata Rodríguez (Interventora) Secretaria da Mesa: María Julia Ures Villar. Reunida a mesa de contratación ás 9h40, procede, en acto público, á apertura do sobre C. Non asiste ningún licitador. Ofertas económicas: (prezo base de licitación: 59086,14?) Creatividad Diseño gráfico S.L.U:50.000? + 9000? de IVE: 59.000?, o que supón unha baixa de 86,14?. Globalgrafic Impresión e Imaxe S.L.: 49.748? + 8954,64?: 58702,64?, o que supón unha baixa de 383,5?. Rematada a apertura do sobre C, oferta económica en acto público, a Mesa procede a efectuar as valoracións: Creatividad Diseño gráfico S.L.U: segundo o informe elevado á Mesa de Contratación, e elaborado polo Técnico Local de Emprego, José María Sánchez Salvador, que obra no expediente, esta empresa obtén unha puntuación de 0 puntos polos criterios valorables mediante xuizo de valor: esto é en experiencia:0, en melloras tecnolóxicas:0, en calidade:0, en outras melloras:0 e en dispoñibilidade:0. Respecto as criterios valorables mediante cifras: no prazo de execución obtén 0 puntos, por non presentar reducción de prazo valorable, e no prezo obtén unha puntuación de 2.25 puntos por regla proporcional de 3, tendo en conta a súa baixa de 86,14?. Puntuación total da empresa Creatividad Diseño gráfico S.L.U: 2.25 puntos Globalgrafic Impresión e Imaxe S.L: segundo o informe elevado á Mesa de Contratación, e elaborado polo Técnico Local de Emprego, José María Sánchez Salvador, que obra no expediente, esta empresa obtén unha puntuación de 0 puntos polos criterios valorables mediante xuizo de valor: esto é en experiencia:0, en melloras tecnolóxicas:0, en calidade:0, en outras melloras:0 e en dispoñibilidade:0. Respecto as criterios valorables mediante cifras: no prazo de execución obtén 0 puntos, por non presentar reducción de prazo valorable (xa que indica que a finais de agosto), e no prezo obtén unha puntuación de 10 puntos por regla proporcional de 3, tendo en conta a súa baixa de 383,5?. Puntuación total da empresa Globalgrafic Impresión e Imaxe S.L.: 10 puntos Rematada a suma da puntuación, a Mesa de Contratación acorda por unanimidade proponer ao órgano de contratación que adxudique a contratación do servizo \"elaboración de páxina web, plan de promoción e divulgación do proxecto e elaboración de mapa de rutas á empresa Globalgrafic Impresión e Imaxe S.L. coas seguintes características na súa oferta: Axustarase íntegramente ao disposto nos prego de prescripcións técnicas e ao disposto no sobre B ? referencias técnicas-, rematará os traballo tal e como indicou a finais de agosto e o prezo de adxudicación será de 49.748? + 8954,64? de IVE: 58702,64?. (esta informacion foi publicada no perfil o día 04072012) A Xunta de gOberno Local, en sesión de 2 de xullo de 2012, acordou, á vista da proposta da Mesa d Contratación arriba referida, que se lle requira a á empresa Globalgrafic Impresión e Imaxe S.L. para que presente os certificados de atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e a garantía definitiva por importe de 2487,4? , no prazo máximo de 10 días hábiles dende a notificación do acordo (esta información foi publicada o día 5 de xullo de 2012) |
|
Adxudicado:
A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria do 23.07.2012 acordou adxudicar o serviazo \"Elaboración da páxina web, do plan de promoción e divulgación do proxecto e a elaboración domapa de rutas\" a Globalgrafic Impresión e Imaxe, S.L., unha vez que presentou a documentación que se lle esixiu. A adxudicación ten as seguintes características: - Axustarase íntegramente ao disposto nos prego de prescripcións técnicas e ao disposto no sobre B ? referencias técnicas- - Rematará os traballo tal e como indicou a finais de agosto - O prezo de adxudicación será de 58702,64 ? (49748 ? de base e 8954,64 ? de IVE). O contrato asinarase o 27.07.2012, ás 10.00 h Este anuncio publícase o 23.07.2012 |