Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Persoeiros :: Álvarez de Sotomayor

Namorado das terras de Ponteceso

Álvarez de SotomayorDestacamos a figura deste persoeiro por pasar longas tempadas no Pazo de Sergude, na parroquia de Xornes, en resumo polos fortes vínculos mantidos coa nosa terra.
Fernando Álvarez de Sotomayor (Ferrol, 1875 - Madrid, 1960). Estudou o bacharelato no Real Colexio agustino do Escorial. Intentou seguir varias carreiras, dedicándose finalmente por completo á pintura. Foi discípulo de Manuel Domínguez.

Pensionado en Roma, coñece a fondo a pintura renacentista e barroca de florentinos, romanos e venecianos. Destaca moi pronto, posto que en 1904 obtén a segunda medalla na Exposición Nacional de Belas Artes, e a primeira dous anos máis tarde, en 1906. É condecorado en 1912, e na Exposición Internacional de Barcelona de 1929 ten o honor de destinárselle sala independente.

Tamén obtén distincións no estranxeiro, como a medalla de bronce en Lieja e de ouro en Munich, en 1909.

Segue acumulando galardóns en mostras internacionais de Barcelona, 1907, e Bos Aires, 1910.

Membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando desde 1922, é nomeado director da mesma en 1953.

Antes viviu plenamente a gloria en América, xa que é designado profesor, e despois director, da Escola de Belas Artes de Chile desde 1911. Foi subdirector do Museo do Prado desde 1919 e director en 1922, cargo que desempeña ata o advenimiento da República en 1931, e recobra en 1939, ao concluír a guerra civil, desempeñándoo ata a súa morte. Gañou o premio March de pintura en 1956. Con motivo do centenario do seu nacemento celebrouse no Palacio Velázquez do Retiro unha monumental exposición retrospectiva con máis dun centenar das súas obras.

Está representado nos principais museos de España, Europa e América. É un artista que recolle a mellor tradición do Renacimiento e sobre todo do Barroco.

O seu principal mestre é Velázquez, cuios ambientes paisaxísticos, no retrato, evoca moitas veces. Tamén é considerable a influencia que exerce na súa obra a pintura flamenca, dende Rembrandt a Frans Hals.

Abordou todos os xéneros, desde a composición histórica ou mitolóxica á escena folclórica, na que son universalmente coñecidas obras súas como Voda en Bergantiños.

Como retratista é tamén un mestre con pezas de excepción.

A faceta menos coñecida da súa pintura é o paisaxismo puro. Arrastrando os modos impresionistas constrúe a obra cos mínimos elementos. Bastaría o exemplo do «Paisaxe do Berbés», que conserva o Museo de Pontevedra, para calificalo de mestre.

É o enlace, o necesario eslabón, entre a pintura barroca e as tendencias innovadoras que xorden desde comezos do século XX, e ás que nunca quixo adscribirse.

Biografía de Juan Contreras. Sotomayor. Madrid, Edic. Cultura Hispánica, 1948.



Volver
Concello de Ponteceso