Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Persoeiros :: Eduardo Pondal

Destacado poeta rexionalista galego e creador do poema Os Pinos, futuro Himno Galego.

Eduardo PondalEduardo María González-Pondal e Abente, naceu en Ponteceso, o 8 de febrero de 1835, nunha familia de orixe fidalga, enriquecida coa emigración a América.

En 1848 instalouse en Santiago de Compostela, onde estudiou a carreira de Medicina. De estudiante frecuentaba as tertulias do Liceo San Agustín e coñeceu ao tamén poeta Aurelio Aguirre. Desta época data o seu apaixoado interese pola cuestión rexionalista. Foi un dos organizadores, xunto con Aguirre, do banquete de Conxo, que uniu fraternalmente a obreros e estudiantes no bosque de Conxo o 2 de marzo de 1856. Nesta ocasión, Pondal leu un poema reivindicativo, en castelán, "Brindis", acerca da igualdade dos homes.

En 1862, tras rematar a carreira, exerceu como médico, pero pronto abandoaría definitivamente o exercicio da medicina. Retirouse á casa paterna, dende a que viaxaba frecuentemente a Santiago de Compostela, onde participaba en tertulias, xunto con Manuel Murguía, Florencio Vaamonde, Urbano Lugrís e otros. A través de Murguía, coñeceu os poemas ossiánicos de James Macpherson. Dende entón, Pondal asumiu o rol de bardo da nación galega.



Eduardo PondalO seu primer poema en galego, "A Campana de Anllóns (El canto de un Brigante)", apareceu en 1861, nun Álbum da Caridade que recopilaba os poemas participantes nos primeros Xogos Florais de Galicia. En 1877 publica Rumores de los pinos, colección de veintiún poemas (tanto en galego como en castelán) que servirá posteriormente de base os seus Queixumes dos pinos (1886). Ademais destas obras, Eduardo Pondal deixou unha amplia producción inédita, entre a que se conta o poemario Os Eoas, un canto épico ao descubrimento de América claramente inspirado en "Os Lusiadas" de Luís de Camões, con referencias a Homero e Tasso. Neste poema traballou Pondal ao longo de toda a súa vida literaria. Pero esta obra non foi editada en vida do poeta.

En Os Eoas Pondal desenvolve unha perfecta simbiose entre o mundo mítico celta e a vontade rexeneracionista de España. Pondal quería demostrar a validez do idioma para as máis difíciles probas tal e como el mesmo escribiu no prólogo da súa obra.

En 1890 o músico Pascual Veiga pídelle unha letra para unha obra que pretendía presentar a un certame en A Coruña. Pondal compón para a ocasión o poema "Os Pinos". A obra non chega a estrenarse, pero o poema aparecerá publicado ese mesmo ano nun folleto do certame, e en varios periódicos galegos da emigración cubana. En 1907, a composición de Veiga será estrenada na Habana e considerada dende entón Himno de Galicia. En 1981 foi legalizada como himno oficial polo Estatuto de Galicia.

Pondal é o máximo expoñente da literatura do rexionalismo galego. Idealiza o pasado céltico de Galicia, que imaxina libre e independente, e se inspira nas fontes clásicas da invasión romana, nos poemas ossiánicos de James McPherson, nalgunhas citas do Leabhar Gabala e nas investigacións de Manuel Murguía e Benito Vicetto. Ao mesmo tempo, a súa poesía incorpora unha tendencia helenista, que entronca co seu afán de crear unha lírica culta.

Eduardo Pondal morreu na Coruña, no hotel "La Luguesa", en 1917 e está enterrado en no cemiterio de San Amaro desta cidade.

http://www.himnogallego.com/galego.htm


Volver
Concello de Ponteceso