Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

:: Persoeiros

Persoeiros
Ponteceso é lugar de destacados personaxes que tiveron que ver coa cultura. O máis importante deles é o poeta Eduardo Pondal, ou Bardo de Bergantiños, naceu as beiras da ponte que atravesa o Río Anllóns.

Hai que destacar a figura do Almirante Mourelle da Rúa, naceu en 1750 en Corme-Ponteceso, sen dúbida unha das figuras mais ilustres da navegación de toda a historia naval española, intrépido explorador dos afastados Mares do Sur (descubridor do arquipélago de Tonga, o seu majestuoso brasón podemos admiralo na súa casa de Corme.

Outro personaxe relacionado co mundo das artes é Álvarez de Sotomayor, afamado pintor que viviu no Pazo actualmente denominado de Sotomayor de Sergude-Xornes.

Noutro Pazo do Concello de Ponteceso viviu o escribano do Conde de Altamira, concretamente no Pazo de Porto do Souto en Nemeño-Ponteceso.

Jose María Mosqueira Manso, oceanógrafo e ictiólogo naceu en Corme en 1886.Foi capitán de Mariña Mercante e oficial da reserva naval española. Realizou numerosos estudos sobre distintas especies da fauna mariña e fluvial, e o estudo pesquero dalgunhas costas de España, Portugal, Sahara, Santo Domingo e Venezuela. Neste pais realizou a exploración do río Orinoco e Apura.

E para rematar, Francisco Rodríguez Saleta, naceu en 1890, foi nomeado axente de segunda clase da Policía Marítima (corpo hoxe distinguido). Concedéuselle en 1914 a Cruz de primeira clase da Real e Militar Orde de San Fernando, retirouse co grado de Alferez.
Concello de Ponteceso