Ictiólogo, cartógrafo, biólogo, historiador e mariño
Naceu en
Corme-Porto o 17 de Outubro de 1886 e morreu en Caracas 18 de Maio de 1968.
A vida do capitán Mosqueira Manso deixa pequena a de calquera aventureiro do cine. Ictiólogo, cartógrafo, biólogo, historiador, mariño. A Mosqueira Manso debemos a honra, en pleno século XX, de que
moitos dos mapas realizados por vez primeira en Venezuela e na República Dominicana levasen a sinatura deste ilustre cormelán.
Estudoso das
tartarugas do Orinoco, o seu traballo verbo as tartarugas arrau (podocnemis expansa) e o descubrimento das tartarugas albinas, hoxe, medio século despois,
continúa a ser de gran valía para os estudos destes réptiles.
Este breve limiar dá fe do abraio que xera a figura de José María Mosqueira Manso entre as persoas que se achegan a ela.
A vida fóra do seu natal Corme para José María Mosqueira comezou cando cumpriu os 8 anos. A esa idade marchou cos seus pais cara a Santiago para ingresar no seminario, no que pasou cinco anos.
Polo que devecía o rapaz José era polo mar, e tanto devecía, que o seu pai o embarcou nun pequeno barco de vela que adoitaba viaxar cara a Xixón dende a pequena vila mariñeira de Corme, e así comezou a carreira marítima deste home de letras, mares, microscopios e mapas chamado José María Mosqueira Manso.
Mosqueira ingresou na Escola de Náutica e, ao rematar os seus estudos, embarcou nun barco de tres mastros que desprazaba 300 toneladas, barco sen igual na pequena vila de Corme.
Embarcou como agregado, coa obriga de facer no mar 200 días de vela e outros tantos de vapor para ter dereito a facer a proba de piloto.
A súa primeira viaxe de altura foi desde a Guinea Española até a República Arxentina. 109 días a través do océano. A viaxe desde Fernando Poo até Buenos Aires prolongouse debido á ausencia de vento; porén os agregados coma Mosqueira, aledáronse, porque eses días eran "días de mar" e a ese paso axiña poderían examinarse para ser pilotos. Despois quedaban os días de vapor, mais por aquelas datas interesaban máis os barcos de vela que os de vapor.
As tartarugas arrau (podocnemis expansa) do Orinoco, cando chegaba a época de pór os ovos, deixaban as augas do Orinoco e subían pola praia abondo para que as subidas do río non atinxisen os seus niños pero, asemade, non ían demasiado lonxe para que os tartaruguiños tivesen tempo de alcanzar a auga cando saísen do ovo.
Para ser capitáns aínda quedaban moitos días para viaxar sobre as ondas. José Mosqueira Manso foi capitán da mariña mercante aos 25 años, casou ese mesmo ano con Honorina Vecino, e tivo o seu primeiro fillo Manuel o ano seguinte e outro máis, Francisco, aos 21 meses de celebrado o matrimonio.
O seu primeiro libro foi
El Patrón de Cabotaje. Pasan algúns anos, e Mosqueira Manso é capitán con mando. Ocupa varios cargos oficiais como axudante militar de mariña en Viveiro e Ortigueira.
Estudou a fauna do litoral sahariano contratado por un consorcio pesqueiro privado publicando tres cartas de pesca de España, unha de carácter xeral, Costas sur española y portuguesa hasta Cabo Blanco del Sur (África) e dúas particulares Caladero de Cabo Jubi (África) e Caladero de São Vicente (Portugal).
Empezou a compaxinar a navegación con escritos de carácter divulgativo e científico en revistas especializadas de Vigo e en
Vasconia Industrial y Pesquera de Donosita en 1929.
O seu traballo
Biología de la Merluza-Sus variaciones sexuales-Su pesca, foi premiado pola Sociedade Oceanográfica de Guipúscoa co primeiro premio en concurso aberto en 1935.
Mosqueira Manso deixara a navegación, dende 1931, data na que obtivo o título de oficial da Reserva Naval Española, pasando a ser capitán de porto en Sevilla e subdelegado marítimo e de pesca de Santa Uxía de Ribeira. Estando en Ribeira estoupou a guerra.
Mosqueira pertencia ideoloxicamente, aínda que non militaba en ningún partido nin tiña ningún cargo político, ao bando republicano. Fuxiu do lado feixista no que permecera ocupando un cargo público outorgado pola legalidade republicana. Decide abandonar a loita fratricida e aceptar as ofertas laborais que dende hai anos recibira da República Dominicana; xa daquela deprimido pola guerra e a morte da súa compañeira, marcha cara ao exilio do que nunca máis volvería.
Venezuela 1940. As tartarugas arrau
Mosqueira Manso é unha tatuaxe na Venezuela. A súa
pegada na cartografía, na bioloxía mariña ou mesmo como
guía de Camilo José Cela, que retratou a Mosqueira en La Catira, dan unha imaxe da importancia deste cormés universal.
No alto do río Orinoco descubriu e
catalogou mexillóns xigantescos. Dentro dos descubrimentos naturais temos o que fixo das
tartaruguiñas albinas.
As tartarugas arrau (podocnemis expansa) do Orinoco, cando chegaba a época de pór os ovos, deixaban as augas do Orinoco e subían pola praia abondo para que as subidas do río non atinxisen os seus niños pero, asemade, non ían demasiado lonxe para que os tartaruguiños tivesen tempo de alcanzar a auga cando saísen do ovo.
O capitán Mosqueira, agás o seu cargo co goberno venezuelano,
era membro da Sociedade de Ciencias Naturais de Lasalle. Pronto houbo movemento entre os científicos, e a prensa falou dos tartaruguiños.
O seu amor polo Orinoco e as tartarugas "Arrau" (Podocnemis expansa), fíxolle pensar que o mellor que podía facer na súa vida era ficar ás beiras do río Orinoco, co seu metro, a sua báscula e o seu magnífico reloxo e co agarimo dos indios que lle axudaban, tan afectivos, tan humanos, tan bondadosos.
Desta época, 1943, son os seus traballos
Superfície e profundidades do Rio Orinoco e os mapas ilustrativos, o libro
Ostras y perlas de Margarita; centos de escritos en xornais e revistas de España, República Dominicana e Venezuela.
Fundador do Lar gallego de Caracas
Os exiliados republicanos tiñan moitos problemas co seu densenvolvemento como colectivo na Venezuela. Tíñano antes de chegar, a súa chegada fora traumática, pero aínda así, unha vez na Venezuela tentaron organizarse en centros colectivos.
O goberno venezuelano non daba a autorización para que eles poideran asociarse, pois consideraban que eran perigosos polas súas ideas esquerdistas, e a lei prohibía taxativamente as actividades políticas dos estranxeiros. A Casa de España (republicana), Centro Basco (Caracas?ko Eusko Etxea) e o Centro Canario foron as primeiras organizacións permitidas coa prohibición expresa de calquera actividade política en chan venezuelano e unha estrita vixilancia por parte das autoridades.
Mosqueira Manso xunto a unha ducia de galegos de carácter progresista fundou, o
9 de febreiro de 1945, o Lar Gallego.
Biografía de Xurxo Martínez CrespoEscoite a José María Mosqueira Mansoxurxomartinez@cantv.net