Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Emprego :: Punto de S.G.C

Punto de S.G.C

Terminal do Servizo Galego de Colocación


Cartel anunciando un Punto de Información do S.G.C

O Concello de Ponteceso é centro asociado ao Servizo Galego de Colocación.

É por iso polo que na planta baixa das dependencias municipais en Ponteceso podes acceder ó terminal que instalou o Servicio Galego de Colocación con todos os servizos que che detallamos á continuación.

Obxectivos




Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional.

Informar das ferramentas de búsqueda de emprego.

Actualizar e activa-lo currículum vitae de cada demandante.

Optimiza-la oferta formativa existente, informando sobre cursos de formación ocupacional e regrada.

Compatibiliza-la demanda da persoa coa oferta existente.

Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñecer ás persoas usuarias o seu nivel de cualificación e potencial laboral.

Motivar e reforzar a súa implicación no proceso.

Dispoñemos dun punto de información do Servizo Galego de Colocación onde poden renovar as súas demandas de emprego evitando os desprazamentos á oficina de emprego de Carballo.

Tamén poden consultar as ofertas do Servizo Galego de Colocación e acceder ás páxinas web dos diferentes Servizos Públicos de Emprego Nacionais e Autonómicos.

Antes de utilizar o sistema




O primeiro paso é acudir á súa Oficina de Emprego para rexistrar a súa impresión dixital.

Unha vez feito o rexistro poden utilizar este novo servizo instalado na primeira planta do Concello.

Para máis información poden acudir ás oficinas do Departamento de Emprego e Formación e do Servizo Galego de Colocación.

Concello de Ponteceso