Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Servizos Sociais :: Muller

Muller

Punto de atención á muller


Traballadora social

O Punto de Información á Muller, dende o departamento de Servizos Sociais e dende o Programa de Educación Familiar, situados nas oficinas do Concello en Ponteceso, e tamén os mércores e venres na oficina municipal de Corme, é un servicio gratuíto para atender ás demandas e necesidades das mulleres do Concello de xeito individualizado e confidencial.

Proporciona atención individualizada ás mulleres mediate asesoramento e información sobre os recursos e servizos específicos para as mulleres, no seu ámbito territorial.

Achega informacón e asesoramento xurídico, psicolóxico e asistencial específico para mulleres víctimas dos malos tratos.

Fai difusión de campañas e actividades impulsadas dende a Secretaría Xeral de Igualdade e o Servicio Galego de Igualdade.

Colaboración nas actividades desenvolvidas dende o Concello en materia de igualdade de Oportunidades, así como aquelas dirixidas ás mulleres en xeral.

Poden utilizar este servicio todas as mulleres do Concello de Ponteceso que desexen realizar unha consulta a súa problemática ou necesidades.

Plan de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres




O Concello de Ponteceso vén de publicar o Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres do Concello de Ponteceso (P.I.O.M).


Concello de Ponteceso