Dentro do Plan de Alfabetización Dixital 2007-2011 do Concello de Ponteceso, emárcase esta nova iniciativa que consiste en axudar ás familias con menos recursos do Concello a ter un equipo informático con prestacións aceptables.
O Concello, a través do banco de compoñementes informáticos dotado para este acometido dona, ás familias con menos recursos, un equipo informático básico con software libre instalado.
A valoración das familias faise por parte dos servizos sociais do Concello de Ponteceso.