O Concello iniciou o servicio domiciliario de recollida de residuos admisibles para transportalos ó punto limpo do Concello de Ponteceso.
As persoas interesadas en que se lles recolla os residuos deberán chamar ás dependencias do Concello 981 714 000 ou a oficina municipal de Corme 981 738 428.
Horario de apertura: De luns a sábado de 08.30h a 14.00h.
Recolleranse: Mobles, colchóns, electrodomésticos, restos metálicos do fogar e residuos que non se poidan depositar nos colectores da rúa, por mor do seu tamaño ou do nivel de contaminación.
As cantidades máximas están indicada no Regulamento de funcionamento do Punto Limpo (BOP 106, do 10.05.2006, artigo 6º). Tamén pode velo pinchando o enlace que vén a continuación.