Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Presentadas novas axudas para a promoción do emprego autónomo (TR341D)

As axudas están dirixidas a persoas desempregadas, autónomos ou traballadores por conta propia, que pretendan desenvolver a súa actividade en Galicia.
Serán de 1.200 ? para iniciativas de autoemprego xuvenil, e de ata 10.000 ? para o establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.



Obxecto
Promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomos ou por conta propia.


Beneficiarios destas axudas
? Persoas desempregadas menores de 30 anos, que teñan solicitada a alta como autónomas antes de solicitar a axuda.
A subvención será de 1.200 ?.
? Persoas desempregadas que se dean de alta como autónomas e poidan acreditar un investimento mínimo de 3.000 ? para a súa actividade (impostos excluídos).
A subvención será de:
? 5.000 ? persoas desempregadas en xeral.
? 8.000 ? desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
? 10.000 ? muller desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

Tamén poderán beneficiarse destas axudas as persoas traballadoras autónomas ou por conta propia que formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación. A solicitude deberá presentarse a título persoal e a comunidade/sociedade deberá estar constituída previamente.

Subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015, ambos inclusive.

O prazo máximo para solicitar as axudas será o 20 de setembro (un mes contado a partir do día seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia).


Máis información na axencia de desenvolvemento local de Ponteceso:
De luns a venres, de 8h a 14h.
Teléfono 981 714 000
josemaria.salvador@ponteceso.es


Descargas asociadas

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso