Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Curso de director/a de actividades de tempo libre

Aberta inscrición

Director de tempo libreO curso de Director/a de Tempo Libre vai dirixido a monitoras e monitores de tempo libre que desexen desenvolver actividades de coordinación dun equipo de monitores e monitoras especialistas para a organización de actividades de animación sociocultural e de ocio e tempo libre.
REQUISITOS:
Estar en posesión do título de monitor/a de actividades de tempo libre.
Ter finalizada a ESO, Graduado Escolar, FP1 ou equivalente.
Acreditar unha experiencia de traballo como monitora ou monitor no eido da educación e/ou animación no tempo libre de 250 horas mínimo, ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días tras a obtención do título de monitor/a.
Presentar fotocopia do DNI ou NIE e título académico.
DURACIÓN:
300 HORAS (150 HORAS TEÓRICAS + 150 HORAS PRÁCTICAS)
Entrega de certificado oficial.
MÁIS INFORMACIÓN:
Departamento de Educación Familiar do Concello.
Tel. 981 714 000 ? 981 738 428

Descargas asociadas

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso