Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Presentación de "Maruxa a mariñeira"

Conto sobre a igualdade que elaborou o alumnado de primaria

Portada do libroEste xoves 4 de xullo ás 11.00h presentarase o libro Maruxa a Mariñeira na Confraría de Pescadores de Corme. Este libro foi escrito polo alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria e a historia reflicte a realidade dunha vila mariñeira galega. As súas ilustracións son personalizadas cos debuxos realizados polo alumnado. O proxecto foi financiado polo Concello e Xunta de Galicia, co obxectivo de favorecer condutas de igualdade entre os máis pequenos.

Concello de Ponteceso