Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Visitas turísticas ao Concello

A UNED e a Asociación Veciñal Agra do Orzán visitarannos nos vindeiros días

Igrexa CospindoO departamento de turismo do Concello de Ponteceso segue canalizando visitas ao Concello. O domingo 28 serán cincuenta socios da Asociación Veciñal Agra do Orzán, da capital provincial, ás que se acheguen ao noso concello para facer o seguinte roteiro de sendeirismo: Casa de Pondal, Malecón, Dunas da Barra, Esteiro do Anllóns, Valarés, Froxán, Pedra da Serpe, Corme-Porto e O Roncudo. Por outra banda, o vindeiro martes 2 marzo visitará o concello unha delegación de cincuenta e cinco alumnos da UNED Senior co Cura de Xestoso, para coñecer máis de preto a figura do poeta Eduardo Pondal.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso