Accións formativas dirixidas a persoas coidadoras informais de persoas dependentes
O Concello de Ponteceso en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza unha serie de accións formativas dentro do programa Ben.estar Coidando, dirixidas a
coidadores informais de persoas dependentes.
As datas destas accións formativas serán: 16, 18, 23, 25 e 30 de novembro e 2, 9, 14, 16 e 21 de decembro (luns e mércores de cada semana). O horario será de
16.00h a 18.00h na Casa do Concello en Ponteceso. Para poder inscribirse ou obter máis información, deberán porse en contacto co Departamento de Servizos Sociais, na casa do Concello ou non teléfono 981 714 000 (extensión 52).