Foi recoñecida co galardón "Bos e Xenerosos" da Fundación "Eduardo Pondal"
Anisia Miranda Fernández, esposa do literato, Xosé Neira Vilas, falecía onte de forma repentina, causando fondo pesar no mundo da cultura galega. Nada en Cego de Avila (Cuba) o 30 de decembro de 1932, era filla de emigrantes ourensáns.
Visitou Ponteceso en numerosas ocasións, recibindo hai meses o galardón da Fundación "Eduardo Pondal" "Bos e Xenerosos", que lle entregou a Concelleira de Cultura, Susana Cousillas. O Concello de Ponteceso
sente a perda dunha gran loitadora polo rural galego.
Ligazóns recomendadas