Chegarán ao concello o vindeiro 20 de setembro
Sesenta persoas do Concello de Cambre, a través da súa Oficina de información xuvenil, visitarán o noso concello o vindeiro 20 setembro, para disfrutar dun roteiro de sendeirismo. Pasarán por Ponteceso (casa de Pondal), o Malecón, o Esteiro do Anllóns, as Dunas da Barra, Valarés, a Pedra da Serpe, A Ermida, Corme, O Roncudo, o Faro e o mirador de Monte Branco. Serán guiados polo Técnico de Turismo de Ponteceso.