Celebrarase o vindeiro 7 de setembro en Ponteceso
O vindeiro luns 7 de setembro, o Concello de Ponteceso inagurará unha escultura en
lembranza da emigración e recordo do emigrante pontecesán,
Julio Barreira Corral. O traballo foi feito polo escultor Ricardo Antelo. O acto
será ás 20.00h na praza do Relleno, no que actuará a
Banda de Música "Eduardo Pondal". Están convidados todos os veciños que o desexen. O acto aproveitará a presenza de moitos emigrantes en Uruguai, que volveron para celebrar o cincuenta aniversario da construción da Torre do Faro de Brantuas.