Ricardo Antelo é veciño da Bugalleira
O artesán de Ponteceso Ricardo Antelo foi o gañador do
Premio Nacional de Artesanía 2009 pola súa obra súa obra
'Do gozo'. A obra gañadora é unha peza de granito de grandes dimensións que Ricardo Antelo realizou a partir dun deseño de Vicente Torres Huelmo. O noso veciño, que traballa no seu Taller de Cantería, foi o candidato proposto pola
Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño, aos Premios Nacionais de Artesanía 2009, que convoca o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través da Fundación Española para a Innovación da Artesanía.
Ligazóns recomendadas