Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso recupera os domingos de baile e xogos con música en directo

A actividade arrinca este fin de semana en horario de 18.00h a 21.00h no Edificio das Escolas

Os domingos de baile e xogos volven ao Concello de Ponteceso por todo o alto. A partir deste domingo 4 de decembro haberá música en directo e servizo de cafetería en horario de 18.00h a 21.00h, no Edificio das Escolas de Ponteceso.

A Concellería de Servizos Sociais organiza esta actividade co obxectivo de ampliar a oferta lúdica no municipio, combater a soidade e fomentar o envellecemento activo.

Concello de Ponteceso