Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso combina maxia e igualdade nun espectáculo para os máis cativos da man de Ian & Elisa

A idea é que os rapaces se divirtan á vez que aprenden vendo a obra “Somos Iguais na Maxia”

O Concello de Ponteceso organizou un show de maxia para todos os públicos o vindeiro venres 14 de outubro. O dúo artístico Ian & Elisa presentará “Somos iguais na maxia”, unha obra a través da que os máis pequenos aprenderán a importancia da igualdade de xénero ao mesmo tempo que se divirten.
O espectáculo será ás 18:30h e para poder asistir é necesario reservar praza chamando ao 659 431 242 porque o aforo é limitado.

Concello de Ponteceso