O Concello de Ponteceso amosa a súa satisfación polo recoñecemento recibido da man de moitas entidades da Comarca, que premian o traballo feito ata o momento para lograr poñer en marcha a entidade que difundirá e amosará ao mundo a figura de Pondal. Cheos de ledicia, non cabe máis que esperar moitos máis logros para a nosa terra da man do traballo da Fundación, que será intenso e fructífero no eido socio cultural de Galicia.