Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A segunda Popular Faro Roncudo regresa ó calendario cun marcado carácter solidario

“Corre por Ucraína”, di o lema da proba deportiva

O salón de plenos do Concello de Ponteceso acolleu a presentación da segunda Popular Faro Roncudo, que se celebrará o domingo 10 de abril en Corme, logo dun tempo de parón pola pandemia. Trátase dunha carreira pola estrada que, no caso da proba reina, a absoluta, partirá ás 11.00 horas da Praza da Ribeira para ir ata o Faro Roncudo e volver ó punto inicial. Serán uns 6,2 quilómetros aproximados. Outros percorridos haberá máis tarde para as categorías inferiores, e repartiranse medallas, trofeos e premios especiais. Organiza o evento o consistorio, a través do departamento de Deportes, e colaboran no mesmo a Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña, Protección Civil de Ponteceso e as entidades deportivas Abellariza e Vidú.

O alcalde, Lois García; a técnica municipal de Deportes, Remedios Varela, e o presidente e o secretario de Abellariza, Miguel Cousillas e Pablo Nogueira, respectivamente, foron os encargados de presentar todos os detalles da cita que, con motivo da situación actual que vive o mundo co conflito da invasión de Rusia a Ucraína, terá un marcado carácter solidario en favor do pobo ucraíno. Como explicou o rexedor a través do deporte súmanse á campaña que promove Cáritas: “Todas as persoas que queiran, á vez que se inscriben na carreira, poden colaborar ingresando nalgunha das contas que se ven no cartel. Dende un euro, dous... calquera axuda é boa. Irán destinados a esas persoas”.

O prazo de inscrición abrirase proximamente en www.carreirasgalegas.com e pecharase o 7 de abril ou cando se esgoten as prazas: 250 na categoría absoluta, e 150 nas dos menores. A técnica deportiva destacou a axuda de todas as partes para sacar adiante a proba, mentres que dende Abellariza resaltaron a beleza da mesma. Pola súa banda, Lois García invitou a todos os interesados a ir adestrando a través da senda existente.

Realiza a túa aportación a través dos seguintes números de conta de Cáritas Diocesana de Santiago:
- Banco Sabadell: ES21 0081 2130 4300 0103 7210
- Abanca: ES18 2080 0319 6030 4000 8096
- Banco Santander: ES44 0049 2584 9210 1001 7670
- BBVA: ES73 0182 5947 1400 1657 0006
- Caixabank: ES39 2100 6040 6102 0000 6288

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso