Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso segue a potenciar as boas prácticas co medio ambiente no 2022

Ao longo deste mes levará a cabo unha nova recollida de residuos urbanos especiais polas vivendas que comenza hoxe


Arrancou un novo ano e queremos comezalo facendo algo que caracteriza a Ponteceso: as boas prácticas co medio ambiente. Por iso, xa dende este luns e durante todo o mes de xaneiro realizaranse novas rutas de recollida de residuos urbanos especiais polas vivendas do municipio. Lembramos en que consiste este tipo de lixo:
 Aceite de cociña usado: de fritura, de conservas...
 Graxas e manteigas: animal, de roxóns...
 Pilas e baterías: de botón, AAA, alcalinas, electrónicas e de vehículos a motor...
 Bombillas: de baixo consumo, LED e fluorescentes...
 Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar: microondas, tostadores, secadores, radios, teléfonos, ordenadores, ferramentas eléctricas...
 Consumibles de impresoras: tóner, cartuchos e tambores...
 Residuos téxtiles e roupa: non importa o seu estado (roto, destinguido...), só se solicita que estea limpo.
 Restos metálicos pequenos do fogar: tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar, bandexas...
As persoas interesadas en participar nesta iniciativa deberán deixar o propio día da recollida os residuos nun lugar accesible fóra da vivenda antes das 9.00 horas. A empresa Collecting
Oil será a encargada de realizar este traballo. Pódese contactar cos responsables a través do
teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo
electrónico info@collectingoil.com.
A continuación, descríbense as rutas previstas, a modo orientativo, para a semana que está a
piques de comezar. O Concello de Ponteceso anima a toda a veciñanza a colaborar con esta
práctica para aproveitar os recursos.
 Luns, día 10: Comezarase na estrada de Corme (xunto á ponte), pasando por Cedeira,
Carracido, Couto, Cospindo, A Brixería, Curras, A Matigueira, Balarés, Guxín,
Xomonte e iniciarase Corme Aldea.
 Martes, día 11: Corme Aldea, Froxan, O Picoto, Corme Porto (R/ Vila de García,
Paseo Marítimo, Estrada Ponteceso e R/ Río de Arriba.
 Mércores, día 12: Corme Porto (Estrada Roncudo, R/ Arnela, Barrio Campo, R/ Real,
R/ Nova e Travesía Nova.
 Xoves, día 13: Corme Porto (R/ Nova, R/ Paxariñas, Barrio Regadiños, R/ Agra
Rodríguez, Barrio Fontiña, Roncudo, As Regadiñas, As Pedras Miúdas, R/ Condes,
R/ Carral e Paseo Marítimo.
 Venres, día 14: Corme Porto (C/ Coroto, C/ Xeneral Mourelle, C/ Sol, Paseo
Marítimo, Av. Mariña, Barrio Remedios, C/ Hortas, C/ Crego, C/ Fontiñas, C/ Real,
Praza do Pan e Barrio Fontiñas.

Concello de Ponteceso