Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

“Os Ratos de Lonxedetodo” de Trinke Trinke visitan a Biblioteca Municipal de Ponteceso

Será este venres, 17 de setembro, ás 18:30 e as e os que queiran participar é preciso realizar a inscrición con antelación

"Os Ratos de Lonxedetodo" volven á Biblioteca Municipal de PontecesoOs simpáticos personaxes creados pola compañía Trinke Trinke visitarán este vindeiro venres 17 de setembro, ás 18:30 a Biblioteca Municipal de Ponteceso.

Estes visitantes, moi queridos polo público máis pequeno, sairán de Lonxedetodo para regresar de novo á Biblioteca do noso concello para incentivar a través do teatro, os contos e sobre todo coa risa o gusto pola lectura dos rapaces e rapazas de Ponteceso.

A compañía Trinke Trinke, da man destes ratiños peculiares, traerán á localidade unha maleta chea de historias para o desfrute de todas e todos os que queiran acudir a esta actividade, e sobre todo contos que fomentan valores como o respecto, a tolerancia ou a solidariedade, entre outros.

Para poder gozar desta actividade é preciso inscribirse previamente, contactando no 659 431 242, pois o aforo será limitado.

Concello de Ponteceso