Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O venres terá lugar a terceira andaina nocturna

As persoas interesadas en participar na ruta do venres 30 de xullo xa pode inscribirse

O programa “Camiñar na Noite” segue avanzando e logo de percorrer este pasado venres a parroquia de Tella, a terceira andaina nocturna sairá o 30 de xullo, ás 22:00, do Local Social.
Un percorrido duns seis quilómetros no que as e os interesados camiñarán por Corme Aldea.
Esta actividade, promovida polo Concello de Ponteceso está dirixida tanto a adultos como a menos e nenas.
Para poder desfrutar da ruta con todas as garantías de seguridade sanitaria, as prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse con anterioridade. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de cada semana de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme, así como tamén, a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso.
Para máis información, pódese contactar coa Área de Turismo do Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico turismoponteceso@ponteceso.net.

Para anotarse á terceira ruta de “Camiñar na Noite” é preciso cubrir a ficha que se pode descargar aquí.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso