Pode pedirse cita previa nos Servizos Sociais deste concello
Queremos informar a todos os veciños e veciñas que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, do cal forma parte este Concello, vai prestar a
partir de marzo, un servizo de
asesoramento xurídico para a igualdade en temas de violencia de xénero, planificación familiar e maternidade, separación, divorcio, etc. Poderán concertar cita previa a través dos servizos sociais no 981 714 000 (ext num. 3).