Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Charla informativa sobre limpeza de montes no Centro Cultural de Ponteceso

Persoal da Consellería de Medio Rural impartirá o 20 de xuño unha charla informativa en relación coa obriga dos/as propietarios/as de fincas próximas aos núcleos de poboación de mantelas limpas e de abrir franxas de xestión de biomasa que garantan a seguridade das persoas e das edificación, e desta maneira dar cumprimento ás disposicións establecidas na Lei 3/2017, de 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.

A charla, organizada pola Concellaría de Turismo e Medios Produtivos, celebrarase o día 20 ás 19.30 horas no Centro Cultural de Ponteceso.

Concello de Ponteceso