Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Exhibicións, inchables e karaoke na gala de clausura das Escolas Deportivas Municipais

A festa de fin de curso, na que participará o alumnado de todas as disciplinas, celebrarase o venres 8 ás 17.00 horas no pavillón municipal

Coa chegada do mes de xuño e as vacacións escolares a piques de comezar, as Escolas Deportivas Municipais de Ponteceso despídense ata o próximo curso cunha gala de clausura por todo o alto, que contará coa participación dos nenos e nenas das diferentes disciplinas deportivas e na que non faltará de nada.

Dende a Concellería de Deportes que coordina Marco Varela convídase a toda a veciñanza a asistir á gran festa que se vai celebrar o venres 8 no pavillón municipal da vila a partir das 17.00 horas. Despois de gozar coas exhibicións dos alumnos e alumnas das escolas de judo, danza, patín, zumba e ximnasia, será a quenda tanto do alumnado coma do público máis miúdo, que poderá desfrutar das actividades e atraccións que temos preparadas. Inchables espectaculares, karaoke, xogos infantís e moitas sorpresas máis porán o broche de ouro a unha xornada repleta de deporte e diversión para pequenos e maiores.

Para máis información, consulta no documento adxunto o programa de exhibicións e os seus horarios. Non faltes!


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso