A Concellería de Servizos Sociais retomará o programa en setembro cunha chea de novidades e máis actuacións
Coincidindo coa chegada do verán e as vacacións escolares, os alumnos e alumnas das diferentes Escolas Municipais de Ponteceso despedíronse esta semana ata o curso que vén. Pero, polo de agora, as que non di adeus son as participantes no programa Domingos de Lecer, que organiza a Concellería de Servizos Sociais. De feito, o departamento que coordina Isabel Vuelta vén de anunciar a nova programación prevista para o mes xuño.
Por diante agárdannos tardes de ocio e diversión, música en directo, baile e ata unha degustación de petiscos. Apuntaste?
O
domingo 3 todos os veciños e veciñas que queiran desfrutar da música en vivo e en directo do
Dúo Melchor (ex-cantante dos Bardos) e Lupe non terán máis que achegarse ata o Edificio das Escolas de Ponteceso, onde terán lugar todas as citas programadas para este mes.
O
día 10 quedará reservado para os bailaríns máis atrevidos e para os que lles guste moverse sos pola pista de baile porque tocará sesión de
música disco. Será unha boa oportunidade para probar novos estilos e amosar algunhas coreografías e movementos tan sorprendentes como divertidos.
E como todo o bo acaba, aínda que só por uns meses, o
domingo 17 celebraremos por todo o alto o final da temporada cunha gran festa na que non faltará de nada. Ademais do ritmo do
Dúo Madaira, con Manolo e Alberto (ex-cantante dos Bardos), a área de Servizos Sociais ofrecerá aos asistentes unha
degustación de petiscos a base de fideuá e paella. Se tes ganas de pasalo ben e queres sumarte á festa, agardámoste de 18:00 a 21:00 horas no Edificio das Escolas de Ponteceso.
Tras a xornada festiva, os Domingos de Lecer de Ponteceso e Corme tamén botarán o peche por vacacións ata o mes de setembro, no que dará comezo unha nova edición chea de sorpresas e novidades nas que xa están a traballar desde a Concellería de Servizos Sociais.