Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A área de Normalización e a Asociación de Empresarios de Ponteceso apostan pola dinamización do comercio en galego

O concelleiro Carlos Penedo iniciou o reparto de bolsas, carteis e adhesivos tanto para a actividade comercial cotiá coma para épocas específicas coma as rebaixas

A área de Normalización Lingüística e a Asociación de Empresarios de Ponteceso colaboran nunha nova iniciativa na que apostan pola utilización do idioma galego para dinamizar o comercio. O concelleiro Carlos Penedo Casmartiño iniciou o reparto do material promocional que se utilizará tanto na actividade comercial cotiá coma en campañas específicas coma a de rebaixas.

Entre os obxectivos desta iniciativa destacan o interese por implicar aos comerciantes do municipio no fomento da nosa lingua e concienciar sobre as vantaxes de empregar o galego tanto na súa publicidade como na atención directa aos clientes, ?contribuíndo así entre todos/as a unha maior normalización do idioma no ámbito máis cotiá, o do comercio de proximidade?, segundo destaca o concelleiro.

Entre os produtos que xa podedes atopar no comercio pontecesán figuran bolsas de papel co lema Merca no comercio local. Merca en Ponteceso, carteis anunciando a próxima campaña de rebaixas e adhesivos para decorar agasallos con diferentes mensaxes de parabéns.

Concello de Ponteceso