Editado un bando municipal para informar sobre as obrigas legais dos/as propietarios/as de fincas
A concelleira de Turismo e Medios Produtivos, Susana Toja, quere achegar á poboación toda a información relativa ao cumprimento da
Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais, que obriga ás persoas propietarias de fincas a mantelas limpas e a abrir franxas de xestión de biomasa que garanta a seguridade das persoas e das edificacións.
Con esa intención, para o vindeiro
xoves 24, a partir das 19.00 horas, está prevista no
local da Asociación de Veciños de Corme Aldea unha
charla informativa que será impartida por persoal da Consellería de Medio Rural.
Ao mesmo tempo vén de publicarse un
bando do alcalde, Lois García Carballido, no que se recollen as obrigas dos/as propietarios dos terreos no municipio de Ponteceso, que está considerado como zona de alto risco de incendios forestais e no que, polo tanto, deben observarse medidas de prevención máis estritas. Deste xeito, as persoas responsables dos terreos deben acatar as normas legais que se establecen no documento, que se pode consultar no adxunto.
Descargas asociadas