Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O programa Apego regresa o venres 13 á biblioteca de Ponteceso cun obradoiro sobre intelixencia emocional

A actividade, organizada desde o Servizo de Normalización Lingüística que dirixe Carlos Penedo, é de balde e non se precisa inscrición

O programa de actividades con Apego, coordinado polo Servizo de Normalización Lingüística que dirixe o nacionalista Carlos Penedo Casmartiño, volve esta semana á biblioteca de Ponteceso cun obradoiro titulado Medrar con intelixencia emocional, dirixido ás familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos coa finalidade de achegarlles o manexo da crianza, a educación e a disciplina a mediante a estimulación das emocións.

Os principais obxectivos deste taller, que se celebrará o vindeiro venres 13 a partir das 19h, son dous. Por unha banda, preténdese dotar ás familias da información necesaria para saber como actuar ante determinadas emocións dos fillos e fillas e, pola outra, identificar as estratexias e prácticas que posibiliten a educación e a estimulación de intelixencia emocional. Para logralo, unha experta en psicoloxía familiar de Espazo Oikos facilitará, entre outras, as claves para aprender a xestionar os sentimentos e novas pautas que nos axuden a resolver de maneira satisfactoria moitos dos conflitos que xorden durante a crianza dos máis pequenos/as.

A actividade é de balde e non será preciso reservar praza.

O programa Apego é unha iniciativa que promove a socialización en galego da infancia implicando ás familias con nenos/as para acadar unha educación en valores, positiva e máis participativa.

Concello de Ponteceso