Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ruta nocturna polos petroglifos do promontorio de Corme

sábado 27 agosto ás 21:30h


A Concellería de Patrimonio que dirixe Carlos Penedo, organiza unha ruta nocturna polos pretroglifos do promontorio de Corme, sábado 27 de agosto.
A actividade consta dunha charla previa sobre a arte rupestre da Costa da Morte, para realizar a continuación a visita ata á Fieiteira que ten como obxectivo dar a coñecer as características deste excepcional xacemento así como as tarefas realizadas para a súa posta en valor.
Lugar de encontro:
Local social Fogar do Pensionista Santo Adrián de Corme (fronte á igrexa)
N 43°16'11.4" W 8°56'20.6" (Datum wgs 84).
Horario: 21.30 h. ? 00.30 h.
Levar: Roupa e calzado axeitado para camiñar polo monte e unha lanterna.
DATA LÍMITE INSCRICIÓNS: VENRES 26 ÁS 13:00H. turismoponteceso@ponteceso.net ou no teléfono 981714000.




Descargas asociadas


Concello de Ponteceso