Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O ALCALDE AVANZA NA PRÓXIMA EXECUCIÓN DE MÁIS TRAMOS DE SENDA NO RÍO ANLLÓNS TRAS CONCLUÍRSE UNHA PRIMEIRA FASE

A contorna do río Anllóns conta xa cun primeiro treito de senda peonil, pero non será o único. O alcalde, José Manuel Mato, avanza que o obxectivo é continuar con esta liña de traballo, "gañando e executando máis metros de itinerarios peonís para comunicar O Couto co Anllóns, dándolle ao río o protagonismo que merece". E é que, como explica o rexedor, "proxectos como este permiten habilitar novos espazos de lecer e esparexemento para a veciñanza, mellorando substancialmente a súa calidade de vida".

MANIFESTO DO 25 DE NOVEMBRO

Hoxe, en Ponteceso, detémenos. Non para calar, senón para romper o silencio.

CONCLÚE A REFORMA DA CANTINA DO CAMPO DO CAIRO E O ALCALDE AVANZA "NOVOS INVESTIMENTOS NOUTRAS INSTALACIÓNS"

O campo de fútbol do Cairo de Corme-Porto conta xa cunha cantina completamente renovada. Todo grazas ao proxecto que o Concello executou en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte e que supuxo un investimento de 59.125 euros. Con todo, esta non será a única mellora prevista nas instalacións deportivas municipais, senón que o alcalde, José Manuel Mato, avanza que se continuará con esta liña de traballo: "queremos que os nosos deportistas poidan dedicarse ás súas disciplinas nas mellores condicións posibles, polo que traballaremos para seguir mellorando as distintas dependencias".

ARRANCAN AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DA NOVA SENDA AO LONGO DO RÍO ANLLÓNS

A nova senda ao longo do río Anllóns está cada vez máis preto de ser unha realidade. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, da que dependen estas obras, arrancou os labores nos últimos días. O alcalde, José Manuel Mato, sinala que se trata dunhas actuacións "esenciais coas que se porá en valor e garantirá a conservación ambiental do río". O primeiro edil avanza que esta non será a única actuación prevista para devolverlle ao Anllóns ou protagonismo "que merece, senón que temos previsto realizar outras intervencións na zona proximamente".

VIVENDAS SOCIAIS DO CONCELLO DE PONTECESO: PREGO DAS BASES QUE REXERÁN O CONCURSO PARA A ADXUDICACIÓN DE DÚAS VIVENDAS SOCIAIS MUNICIPAIS

O Concello de Ponteceso publica a resolución das vivendas sociais: prego das bases modificadas que rexerán o concurso para a adxudicación de dúas vivendas sociais municipais, sitas no edificio anexo ás Escolas, antigas vivendas dos mestres, en rexime de aluguer.

O CONCELLO REFORZA A SEGURIDADE VIARIA ENTRE CORES E SANTA CRUZ COA NOVA PAVIMENTACIÓN EN AMBAS LOCALIDADES

O reforzo da seguridade viaria e a mellora do estado das estradas continúa sendo unha prioridade para o goberno local. Así o demostran as obras recentemente concluídas na parroquia de San Martiño de Cores, entre os lugares de Cores e Santa Cruz.

O ALCALDE E O PRESIDENTE DA XUNTA MANTEÑEN UNHA REUNIÓN PARA ABORDAR PROXECTOS DE CALADO PARA O FUTURO DE PONTECESO

O alcalde, José Manuel Mato, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantiveron onte unha reunión de traballo. A cita, á que tamén asistiu o concelleiro de Obras, Constantino Fernández, serviu para abordar diversos temas de interese e calado para o futuro de Ponteceso. Entre eles, as obras que o organismo autonómico executará para resolver os problemas de inundacións que se producen no municipio en momentos de episodios meteorolóxicos adversos. Outra das cuestións que se abordaron durante a reunión foi o proxecto para construír a circunvalación entre Tella e Lestimoño.

O CONCELLO ANUNCIA A EXECUCIÓN DA SENDA PEONIL EN PAZOS, CUN INVESTIMENTO DE PRETO DE 400.000 EUROS

O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, vén de anunciar o comezo das obras da senda peonil en Pazos, actuación que chegou tras a sinatura este ano dun convenio de colaboración coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e coa directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, para facer realidade esta actuación. Segundo o rexedor, a intervención é "esencial para seguir reforzando a seguridade viaria na zona".

O XXXII CICLO DE TEATRO DE PONTECESO ENCHERÁ O OUTONO DE HUMOR, REFLEXIÓN E TALENTO GALEGO

O Concello de Ponteceso presenta unha nova edición do seu xa consolidado Ciclo de Teatro, que este ano alcanza a súa XXXII edición, un dos máis lonxevos da provincia da Coruña e un referente cultural na Costa da Morte. Durante os sábados do mes de novembro, o Edificio das Escolas, sempre ás 22:00 horas, converterase nun espazo de encontro co mellor teatro galego contemporáneo, ofrecendo cinco propostas diversas que combinan comedia, reflexión e crítica social.

O CONCELLO DÁ COMEZO Á REFORMA DA CANTINA DO CAMPO DE FÚTBOL DO CAIRO, EN CORME-PORTO

O Concello de Ponteceso, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, está a executar unha importante obra de mellora na cantina do Campo de Fútbol do Cairo, en Corme-Porto. O proxecto, adxudicado por un importe de 59.125,90 euros, ten como finalidade modernizar e facer máis accesible este espazo, mellorando o confort e a funcionalidade para os socios, simpatizantes e afeccionados do Corme C.F.


 1  2  3

Concello de Ponteceso