Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso abre as solicitudes de vales de Nadal para as familias con poucos recursos económicos

A convocatoria estará aberta do 26 de novembro ao 12 de decembro no departamento de Servizos Sociais

A Concellería de Servizos Sociais organiza unha viaxe a Viveiro e Begonte para visitar dous dos nacementos de Nadal con máis sona de Galicia

Os/as interesados/as, preferentemente maiores de 55 anos, deberán inscribirse no Concello do 26 ao 30 deste mes

O Melga de Ponteceso organizará o domingo 25 a I Concentración de Clubs Seat 600 de Galicia

A xornada, na que tamén participa o Concello de Ponteceso, consistirá nunha visita guiada ao museo, un percorrido turístico e unha concentración na Praza do Recheo

A Área de Normalización Lingüística e a Asociación de Empresarios lanzan unha nova campaña de promoción lingüística e comercial

A iniciativa inclúe o reparto de bolsas de papel e adhesivos entre os comerciantes locais para promover o uso do galego tanto na súa publicidade como na atención ao cliente

A Fundación Amplifón subvenciona audiófonos a persoas con baixos recursos económicos

Os veciños interesados poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais

A Área de Normalización Lingüística celebrará o xoves 22 un obradoiro sobre a estimulación da linguaxe na infancia

A actividade, incluída no programa Apego, está dirixida a pais/nais con fillos/as de 0 a 8 anos. A cita será ás 18 horas na Biblioteca Municipal

A Concellaría de Servizos Sociais convida á veciñanza a participar nos actos do 25N contra a violencia de xénero

A avogada Estrella Couto Villarino e a escritora Mercedes Pazos Allo protagonizarán a xornada que se celebrará a partir das 18 horas no Edificio das Escolas

Aberto ata o 24 de novembro o prazo para participar no II Concurso Pintura Mural QDM? promovido pola Deputación da Coruña

O Concello de Ponteceso convida a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa de sensibilización contra a violencia de xénero

As Xornadas Micolóxicas de Ponteceso levarán o nome de Paco Souto, que foi o coordinador das primeiras edicións

A cuarta edición das xornadas, organizadas pola Concellaría de Educación, Patrimonio e Asociacionismo e a asociación A? Xolda, celebrarase este sábado 24

Javier Losada coincide co alcalde de Ponteceso no impulso para a ampliación do solo industrial do Concello

O delegado do Goberno reuniuse onte con Lois García Carballio, quen lle presentou os plans para colaborar co SEPES na ampliación do Polígono de Tella

A reunión serviu de preparación para a próxima visita de responsables do SEPES ao Concello


1  2  3  4  5  6 ... 27

Concello de Ponteceso