Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

XXVI Día da Bicicleta de Ponteceso

5 agosto 2018

Da man da Concellería de Deportes, La Voz de Galicia e Radio Voz, ademais doutras empresas colaboradoras, o 5 de agosto chega o XXXVI Día da Bicicleta, unha xornada lúdica e de convivencia para toda a familia, promovendo hábitos de vida saudables e gozando ao mesmo tempo dunha actividade en contacto directo coa natureza.

Como xa vén sendo habitual, o punto de partida será a Praza do Relleno de Ponteceso, onde se reunirán todas as persoas dispostas a pasar unha xornada de ocio, diversión e convivencia desfrutando dalgunhas das vistas máis fermosas do noso concello. Pero o día tamén lles deparará moitas máis sorpresas aos participantes co sorteo de obsequios e agasallos entre os inscritos/as.

A saída será ás 11.00 horas e as inscricións poderán realizarse o mesmo día a partir das 09.00 horas.

Noite de Cine en Ponteceso coa película "El hijo de Bigfoot"

3 agosto 2018


Marcha nocturna a pé por Langueirón

2 agosto 2018

Nazaret, Iris e Gran Casino, nas festas de Tella

28 xullo 2018

III Feira Mariñeira Artesá de Corme

27 xullo 2018

XIV Certame da Canción Popular en Pazos

28 xullo 2018

Noite de cine en Pazos coa película "Peter Rabbit"

26 xullo 2018

O xoves 26 de xullo teremos unha nova Noite de Cine, nesta ocasión en Pazos, onde poderemos ver a divertida película para todos os públicos Peter Rabbit.

Día: xoves 26 de xullo
Lugar: praza de Pazos (en caso de choiva a proxección realizarase dentro do local)
Hora: 22.30

Noite de cine na Graña coa película "Jumanji"

24 xullo 2018

As noites de cine chegan á parroquia da Graña coa proxección da película de aventuras Jumanji, apta para toda a familia.

Día: martes 24 de xullo
Lugar: xunto á igrexa da Graña (se chove aprazarase)
Hora: 22.30

Marcha nocturna a pé por Corme

19 xullo 2018

O programa de Marchas nocturnas a pé 2018 chega a Corme. O xoves 19 realizaremos un percorrido de 6 quilómetros con saída desde a Praza da Ribeira ás 22.00 horas e regreso ás 00.00, aproximadamente.

As persoas participantes deben levar lanterna e chaleco reflectante. Os/as menores de idade terán que achegar autorización para participar ou acudir acompañados por unha persoa adulta.

Inscricións no Concello de Ponteceso (981 714 000), na Oficina Municipal de Corme (981 738 428) ou na Praza da Ribeira ata as 21.45 horas.

Noite de cine en Xornes coa película "Jumanji"

18 xullo 2018

Este mércores 18, a partir das 22.30 horas, temos unha cita coa sétima arte na parroquia de Xornes.

Na praza, se o tempo o permite, ou dentro do local, en caso de choiva, poderemos asistir á proxección de Jumanji, unha película de aventuras para todos os públicos.

1 ... 5  6  7  8  9 ... 11
Concello de Ponteceso